Temas: REFUXIADOS

Un documental galego pon o foco nos refuxiados

Ante a “pasividade dos medios de comunicación”, dúas cineastas galegas acudiron a Grecia e agora presentan unha reflexión audiovisual, titulada “Morrer Devagar”, sobre a crise do éxodo sirio. Trailer no interior.

Por Galicia Confidencial | A Guarda | 07/09/2017 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O Centro Social Fuscalho, localizado na Guarda, acolle mañá 8 de setembro unha nova proxección de “Morrer Devagar”. Trátase dun documental realizado por Irene Pin e Begoña Fernández Ferreiro sobre a crise dos refuxiados en Grecia.

Irene Pin na presentación do proxecto de documental
Irene Pin na presentación do proxecto de documental | Fonte: Fronteiras do Humano Facebook

As creadoras admiten que “nom é um documentário ao uso”, senón unha denuncia da “pasividade” de Europa, que trata aos refuxiados como peóns nunha complicada partida de xadrez, aproveitando “a pasividade dos medios de comunicación”.

O filme comezou como un inteto de retratar “as duras condiçons da vida cotiá nos campos, onde miles de pessoas agardam atrapadas em terra  de ninguém” pero terminou sendo unha “reflexom sobre a produçom de imagens numha situaçom mediática e a nossa incapacidade para contar umha história que nom somos quem de comprender".

Velaquí o 'trailer' da película, cuxa proxección comeza as 20:30 horas:

Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado
Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado | Fonte: Miguel Núñez.
Temas: REFUXIADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta