Prata e bronce para Galicia

O tudense Manuel Garrido, subcampión na final de C1 do Mundial de Piragüismo de maratón de Sudáfrica, proba na que o grovense Tono Campos foi terceiro.

Por gcdeportes | Vigo | 10/09/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Subcampión mundial absoluto por primeira vez na súa carreira deportiva. O tudense Manuel Garrido acadou a medalla de prata, e o bronce foi para o grovense Tono Campos, na final de C1 do Mundial de Piragüismo de maratón que se disputa na cidade de Pietermaritzburg (Sudáfrica).

Manuel Garrido celebra o subcampionato mundial en Sudafrica.
Manuel Garrido celebra o subcampionato mundial en Sudafrica. | Fonte: @FEGAPI

Foi unha proba moi intelixente a realizada por Manuel Garrido. Cando ían tres voltas do percorrido de 26 quilómetros, quedou atrás do dúo de cabeza formado polo húngaro Marton Kover e o grovense Tono Campos, pero o tudense non perdeu a calma e seguiu co seu ritmo; pocas voltas despois, Campos perdeu o contacto co húngaro e cedía tamén ante o empuxe de Manuel Garrido, que foi recuperando a desvantaxe ata superalo a falta de dúas vueltas para o final da regata. Ao igual que o ano pasado en Brandenburg, Kover levouse o ouro, Manuel Garrido foi prata e Tono Campos, bronce. O circuíto sudafricano do Mundial leva pouca auga no percorrido, o que fai que sexa moi duro competir.

Os seguintes en participar foron os padexeiros do Kayak Tudense Iván Alonso e Emilio Llamedo no K1 senior. Alonso non tivo o seu mellor día e tivo que retirarse antes de rematar os 30 quilómetros, mentres que o asturiano Llamedo foi quinto en meta.

O xoves, Tania Álvarez, do Breogán do Grove, quedara ás portas da que tería sido a súa primeira medalla nun Campionato do Mundo de maratón. Entrou na liña de meta cuarta no K1 sub-23, a tan só 15 segundos da británica Alexandra Lane, terceira nun podio encabezado polas húngaras Sára Anna Mihalik e Zsofia Voros.

A competición remata este domingo coa celebración das finais en embarcacións dobres, na que tomarán parte Oscar Graña e Ramón Ferro xunto aos breoganistas Tono Campos e Jose Sánchez, que buscarán superar á parella húngara, a gran favorita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta