O persoal do 112 dá por feito un "cesamento encuberto" do xerente e cre que Rueda buscará a alguén con máis talante

En Marea pide a comparecencia do vicepresidente da Xunta tras a dimisión de Muñoz, tras meses de conflito no servizo

Santiago de Compostela | 20/09/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O persoal do 112 dá por feito que o que hai detrás da dimisión do xerente do servizo, Juan José Muñoz, é un "cesamento encuberto", a pesar de que a Xunta fala de motivos persoas para xustificar a súa saída.

Protesta de traballadores do 112 e colectivos que apoian as súas demandas
Protesta de traballadores do 112 e colectivos que apoian as súas demandas | Fonte: Europa Press

Fontes dos traballadores consultadas por Europa Press sinalan que Muñoz mantivo un perfil "duro" durante os últimos meses, nos que houbo un conflito polo traslado das instalacións de Santiago á Estrada.

Así, cren que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, buscará a unha persoa con máis "talante", para continuar co reaxuste do mapa de emerxencias.

As fontes consultadas explican que o ata agora xerente "tiña ao sector cada vez máis enfrontado" e a situación facíase "insustentable", posto que Muñoz "asumiu un papel activo".

Ademais, entenden que a decisión tamén responde a "neglixencias" que houbo durante todo este tempo e que, aseguran, tíñano "na corda frouxa".

Con todo, o persoal expresa a súa "vontade de que esta sexa unha oportunidade de cambio", e piden que sexa nomeado alguén "que saiba escoitar as demandas" do sector.

Por último, recoñecen que co traballo dos informáticos rexistráronse "leves mellorías" en canto aos "problemas estruturais" que, segundo denuncian, xera a nova plataforma na Estrada, aínda que aseguran que aínda segue "retardado" o sistema.

EN MAREA

Pola súa banda, En Marea pediu a comparecencia de Rueda "pola desastrosa xestión" na Axencia Galega de Emerxencias.

O grupo considera que "debe explicar en sede parlamentaria a suma de problemas que o servizo de emerxencias está a ter en Galicia, desde a mala xestión do traslado das instalacións e os consecuentes erros na atención de urxencias aos conflitos abertos co persoal de traballadores", ao que agora suma a dimisión do xerente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta