Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2017 | Actualizada ás 13:52
Segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais, no requirimento especifícase que, en caso de non obter resposta no prazo dos próximos 15 días, a corporación "exercerá as accións legais procedentes" para recuperar estas dúas figuras.
As dúas esculturas románicas, imaxes de Abraham e Isaac do taller do Mestre Mateo, formaban parte da fachada que cubría o Pórtico da Gloria, de onde foron retiradas no século XVI e vendidas posteriormente ao concello compostelán polo Conde de Ximonde. Actualmente forman parte dunha exposición dedicada á obra do Mestre Mateo, aínda que figuran como propiedade da familia Franco.
EXPEDIENTE DE ADQUISICIÓN
Tras ter coñecemento deste feito, o Concello de Santiago recuperou do arquivo da Universidade de Santiago o expediente de adquisición que demostra a súa titularidade sobre as dúas esculturas románicas. Na propia escritura notarial especifícase a necesidade de "evitar que desaparezan do concello" e se preserve a súa propiedade "pública, dos veciños de Santiago".
A escritura confirma que as pezas foron adquiridas en 1948 polo Goberno local e inclúe unha cláusula na que o vendedor condiciona a súa adquisición a que as estatuas "permanezan indefinidamente en patrimonio do excelentísimo Concello de Santiago de Compostela", establecendo unha indemnización en caso de alleamento, doazón ou cesión de depósito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.