Feijóo sobre os presos en Cataluña: “Que sexan presos políticos non o cren nin eles”

O presidente da Xunta suliña que non hai ningún tipo de acción política en Cataluña e que a Garda Civil actúa por mandato “dun xuíz” e non do Goberno español.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/09/2017 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

“Que sexan presos políticos non o creen nin eles”. Con esta firmeza e esta contundencia referiuse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ás detencións que onte realizou a Garda Civil na Consellería de Economía da Generalitat vinculadas co referendo independentista e que motivaron numerosas protestas públicas tanto en Cataluña como no resto de España.

Manifestación a favor da independencia en Cataluña
Manifestación a favor da independencia en Cataluña

“Se están presos é por incumplir a lei e algúns deles son políticos que están presos por incumplir a lei pero non por ser presos políticos”, dixo Feijóo na rolda de prensa da Xunta ao ser preguntado ao respecto. Neste sentido, insistiu en que, as actuacións policiais foron ordeadas por un xuíz e non por ningún político, en relación ao Goberno español.

Así, recalcou que España segue sendo un estado de dereito que ten definidos os poderes xudiciais e executivos. “O xuíz actuou baixo a súa decisión, dentro dun ámbito xudicial. E os corpos policiais o que fixeron foi seguir as ordes do xuíz”, insistiu. “A Garda Civil fixo o que fixo porqeu llo ordenou un xuíz e non un político”, engadiu.

Feijóo subliñou que as persoas detidas o foron por incumplir a lei e “non polas súas ideas”. Por iso, criticou ao presidente catalán,  Carles Puigdemont, e a outros grupos, nomeadamente Podemos e En Marea, por dicir que se trataban de detencións políticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

4 nostrus

Si un cidadán constrúe unha casa onde esta prohibido arriscase a que veña a lei e lla faga derrubar, un cidadan que se salta un stop arriscase a que o multen e de nada lle valerá diga que non viña ninguen porque está prohibido saltarse os stops. Os separratistas catalans saltátonse todas as liñas vermellas e agora laianse, caia sobre eles todo o peso da lei sin contemplacions, porque o que fan é extremadamente perigoso.

3 Cansino

Se se tivese o que hai que ter e se actuase como hai que actuar xa non tería chegado a este punto. Xa o din os pais e teñen razón, unha hos... a tempo fai moito ben. Algúns confunden a liberdade con pisotear os dereitos dos demais e como son burros só aprenden cunha vara na man. Neste país fai falla man dura e menos politiqueo. Espero que Rajoi esté a altura e poña a todos estes nos eu sitio.

2 leike

E ti cres que alguén cre que vós os do PP sodes demócratas?

1 Eu ben sei quen ves sendo

Eu non pertenzo a ningunha agrupación política. Non sei ti. Eu respeto as normas democráticas e non expido carnet de demócratas. Non sei ti. O que non desexo é que un catalán poida decidir o futuro do pais rompendo unilateralmente a reglas. Eu levo traballando moitos anos, pagando os meus impostos baixo unhas normas que me supoñen un retorno en educación, sanidade, pensións, etc. Baixo esas normas tomei as miñas decisións personais. Agora, unha das rexión máis ricas queren deixar as súas obrigas para conmigo e non me queren deixar opinar o respecto. Reclamo o meu dereito a decidir

2 Eunonseiquensonnineumesma

3 Eunonseiquensonnineumesma

http://www.elnacional.cat/es/politi... http://www.elnacional.cat/es/politi... http://www.elnacional.cat/es/politi... E que os que ledes só a prensa da capital e a provinciana non vos enterades do que se opina polo mundo. Hai moito tempo que os que coñecemos algo da realidade catalá vimos avisando de que o independentismo medraba e de que cumpría negociar para acadar un acordo. Fomos coma Casandra...

4 Eunonseiquensonnineumesma

E agora? Xa diredes que ides facer agora, porque eu non quero ver coma a pensión de miña nai e o meu soldo diminúe polo de pronto xa que supoñen o 20% do PIB. http://www.expansion.com/economia/2... En fin... Por favor, podemos entre todos buscar unha saída. Os que nunca padecemos de catalanofobia nin somos proindependentistas temos argumentos suficientes. Castelao xa nolo dixo. Todos temos moito que perder. Busquemos o ben común.

5 Eunonseiquensonnineumesma

https://www.infolibre.es/noticias/p... Castelao xa o dixo, lembrades: ""a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial". As identidades deben ser permeables: eu podo ser galega, española, europea e sentir que o outro lado do Miño e tamén a miña patria. E o futuro... Por favor, pensádeo. Dádelles unha oportunidade aos que propoñen solucións que non impliquen máis desunión nin polarización... Imaxinades a fortaleza dos Estados Unidos de Europa? Non é hora de retomar a vella ilusión da Europa dos pobos...

6 Eunonseiquensonnineumesma

O mundo está cambiando a pasos de xigantes e temos que ter unha Europa forte detrás e ser esa Europa. Coma pensades que imos poder se non dar resposta ás novas hexemonías e manter a independencia nun mundo cada vez máis inestable. Temos que construír o futuro cunha armazón firme. E hora e é a nosa historia. Só cómpre lembrar que España eran en realidade as Españas e así naceron con Isabel e Fernando. Somos tan ricos todos xuntos e tan infelices por non decatarnos da nosa riqueza que é esa inmensa pluralidade e esa localización no medio do Meditarréneo e o Atlántico... Por favor, démoslle unha oportunidade ao diálogo. Eu pensei que Sánchez e Iglesias poderían, magoa non votalos e mesmo atacar moito ao segundo cambiar algo... E agora atópome con este PSOE...

7 Eunonseiquensonnineumesma

Quería escribir malia non votalos... Quizais se podería tentar unha mediación a través do PNV, as Mareas ou o BNG? Por que non?

8 Eu ben sei quen ves sendo

E que o problema da esquerda é que ten caido na trampa de defendelo rexionalismo fronte o internacionalismo que sempre representou, o nacionalismo fronte a solidaridade entre territorios, o modelo de reparto por migración fronte o modelo de desenvolvemento das nacións. A min o que me preocupa é perda da redistrubución da riqueza que suporía o levantar as fronteiras entre autonomías Entendo que a dereita localista defenda ese modelo, pero nunca a esquerda

9 Yaestabien

Ese es el problema vuestro bolsillo no que se vayan los catalanes porque no pensáis porque ellos están donde están ser a porque trabajan y no viven de los caciques que si tenéis en Galicia que es lo que hace el pp y Feijóo aunque ese se junta con narcos señor Feijóo detener a la gente por ser independentista es preso político aunque claro Feijóo tu eres tan demócrata comivtu querido franco

10 Eunonseiquensonnineumesma

Comparto parte do que dis no comentario 8, pero normalmente os que facedes ese tipo de comentarios soedes ser nacionalistas dun ou outro bando. Síntoo, é así. Ata os comunistas máis ortodoxos son uns furibundos nacionalistas. Ese comentario só tería credibilidade para min vindo dun libertario. En fin... Vaites que debedes andar desesperados para coincidir cos comunistas ortodoxos... En calquera caso o modelo ten que ser equitativo evidentemente...

11 Eunonseiquensonnineumesma

Se ben o pensas é un problema de centralismo porque se as empresas cotizaran nas comunidades autónomas seguramente non habería tanta desigualdade. Cómpre unha descentralización real e tamén en Europa. E lembra que os grandes impostos xestínaos o Estado. https://ultimahora.es/noticias/naci...' target='_blank'>https://ultimahora.es/noticias/naci... Hai propostas interesantes do Bloque ou de Podemos neste sentido: https://ultimahora.es/noticias/naci...' target='_blank'>https://ultimahora.es/noticias/naci... E non falemos xa da electricidade producida en Galicia? http://www.galiciapress.es/texto-di...

12 Eunonsonseiquensonnineumesma

13 anonimo

Outro problema máis do centralismo... E non é Cataluña neste caso: http://www.nuevatribuna.es/articulo... A ver se vai ser que o problema de todos é o centralismo??? Quizais todos os habitantes das Españas viviriamos mellor cun estado máis descentralizado. Por que, por exemplo, se concentran todos os ministerios en Madrid?

1 Eu ben sei de quen ves sendo

Están presos por incumplir as leis que garanten a igualdade entre tódolos cidadáns do estado español, non permitindo que unha parte da cidadanía decida sobre o futuro do conxunto dela, baixo o paraugas dunha constitución votada por ampla maioría dos cidadáns en cada un dos territorios do estado.

1 José

O paraugas do que falas hai tempo que está furado e mete auga. Quixeronno reparar votando un novo estatuto e os que hoxe envían os lacaios denunciaronno. Desas augas estes lodos. Dubido que poidas decidir nada sobre Cataluña cando admites que o teu país sexa subsidiado através de esmolas redistributivas. Porque estou seguro que nunca pensaches que poderíamos, galegas e galegos, facernos coa xestión dos recursos da nosa terra e progresar sen ser explotados, marxinados e tratados como o que muita xente nos considera ao ler cousas como as que ti escrebes: uns parvos.

2 anonimo

Non sexas cruel con el. Temos o que merecemos e punto. E dende o nacionalismo galego tamén se contribuiu moito con minifundios e escisións. Antes de dar leccións cumpriría analizar isto e que se nos pida perdón a moitos por ter dividido no momento máis inoportuno o nacionalismo... En fin... Hoxe cómpren palabras de esperanza e de dialogo. E hora de tender pontes e iso pódeo facer o nacionalismo galego, o vasco e Podemos... En verdade, cómpre buscar unha solución a este imbroglio ou todos o pasaremos mal. Solucións xa!

3 Eu ben sei de quen ves sendo

Respetala legalidade, superándoa empregando as propias ferramentas que nos regalamos no seu momento é a única forma de avanzar no consenso. O que ocorre é que uns poucos pretenden asoballarnos collendo sendeiros perigosos e tratando de impor pola forza un discurso que non é capaz de artellar un movemento social de cambio constitucional. Todo o que está fora de ahí, na miña opinión, é perigoso e de tendencias totalitarias (sexa do signo que sexa)

4 José

que nos regalamos!!!??? jajajajaja, non me fajas rir a cachón que escacho

5 Eu se ben quen ves sendo

Si, nos regalamos, tódolos españois representados en tódalas correntes sociais e políticas. Se non che gusta xa sabes, monta un movemento social e loita. Ríndote da forma de pensar dos demáis non chegarás a ningures