Temas: BANCO PASTOR

Anticorrupción pide investigar aos expresidentes do Banco Popular Ron e Saracho

A maioría das querelas e denuncias que o fiscal do caso menciona no seu escrito diríxense contra as dúas últimas cúpulas do banco.

Por E.P. | MADRID | 22/09/2017 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Fiscalía Anticorrupción pediu a admisión a trámite dunha trintena de querelas que se interpuxeron contra os expresidentes do Banco Popular o galego Ángel Ron e Emilio Saracho, así como contra os seus respectivos consellos de administración por levar á quebra á entidade.

Ángel Ron presenta os resultados do banco
Ángel Ron presenta os resultados do banco | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes xurídicas, a maioría das querelas e denuncias que o fiscal do caso, Antonio Romeral, menciona no seu escrito diríxense contra as dúas últimas cúpulas do banco, sobre todo no que respecta ás operacións que lanzou de ampliación de capital mediante un folleto que non reflectía a realidade da situación financeira. Tamén ve indicios de manipulación do mercado na última etapa da entidade.

Anticorrupción entregou xa o seu escrito ao xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu, o instrutor encargado do caso desde que o pasado 7 de xuño se anunciou que o Banco Santander comprara por un euro o Popular. Desde entón, acumuláronse as querelas e denuncias por parte de organizacións de consumidores e antigos clientes, sobre todo.

Pola contra, as fontes consultadas precisaron que a Fiscalía Anticorrupción non reflectiu no seu escrito ao maxistrado as denuncias ou querelas dirixidas contra os órganos reguladores --Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)--, xa que ademais non argumentaban nin os feitos delituosos que se lles podería imputar.

Temas: BANCO PASTOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta