Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/09/2017 | Actualizada ás 13:53
A Ría non se Vende, Adega, CS A Revolta, CS Faísca, CIG, Comisión contra as Minas na Terra Chá, Comunidade de Montes de Cabral, contraMINAcción, Galiza Contrainfo, Galiza Non Se Vende, Gentalha do Pichel, Luita Verde, Organización Galega de Comunidades de Montes, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada son os promotores da iniciativa.
Denuncian que o novo texto legal fomentará “actividades lesivas contra o noso territorio e as comunidades que o habitan ao deixalas desprotexidas facilitando procesos de expropiación ou favorecendo o ocultamento de información, a redución de prazos ou a elusión de trámites ambientiais”. Na súa opinión, a aprobación desta reforma facilitará a instalación de máis minas, máis plantacións de eucaliptos e menos terras agrarias.
Xoán Doldán, Margarida Prieto Ledo, Henrique Pérez Lijó e Fins Eirexas fixeron de voceiros da nova plataforma esta mañá na súa presentación, nun acto público na Praza de Mazarelos de Santiago. A etiqueta que usarán para a súa comunicación en redes será #LeiDepredacionGaliza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.