Caixanova non logra calar as novas sobre a venta do Banco Gallego

Malia un desmentido de urxencia remitido dende a entidade viguesa, o Banco Sabadell recoñece entre liñas o seu interese polo pequeno Banco Gallego, unha compañía na que houbo cambios de directivos e un ERE nos últimos meses por mor da crise.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/10/2010 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Comunicado de urxencia de Caixanova ante as novas informacións que falan abertamente da posta en venda do Banco Gallego, no que ten o 49%. Velaquí o texto íntegro:

None

“Ante las informaciones publicadas hoy referidas a la puesta a la venta por parte de Caixanova de su participación en Banco Gallego, la caja de ahorros se ve en la obligación de desmentir rotundamente dicha noticia ya que, en ningún momento, ha existido planteamiento alguno en relación a una posible desinversión en el banco. Caixanova se encuentra plenamente satisfecha de la trayectoria del banco y de su gestión, existiendo una perfecta sintonía tanto con el resto de los accionistas, como con su equipo gestor, considerándola una inversión estratégica dentro de la cartera de participaciones de la entidad”.

Deste xeito a entidade viguesa desminte categoricamente unha información do portal especializado en economía Cotizalia que se estendeu como a pólvora nos mercados.

Este diario afirma que son varios os bancos que recibiron unha oferta de Caixanova para desprenderse das súas accións a cambio de 300 millóns.

A resposta do Sabadell confirma a noticia de Cotizalia

Os rumores son tan importantes que mesmo o responsábel do Banco Sabadell se pronunciou hoxe sobre este asunto.

"Nos interesa Galicia, queremos ser un banco de ámbito territorial y lo hemos demostrado en otros territorios, como Asturias con el Banco Herrero o el País Vasco con el Guipuzcoano", dixo Jaume Guardiola esta mañá en Barcelona ao ser preguntado se estaría interesado en facerse co Banco Gallego por 300 millóns.

O 15 de Xullo Xornal de Galicia adiantaba a “precipitada” marcha de dous directivos do Banco Gallego. O diario relacionaba este cambio cos problemas causados polo recorte no cadro de persoal. A entidade externalizou máis servizos este ano para limitar custes ao fío da crise. De feito, presentou un ERE no seu departamento de estranxeiro.

Outra vítima do ladrillo

O Banco Gallego viuse collido en case unha ducia de concursos de acredores tras o 'pinchazo do ladrillo'. Só en 2008 isto supúxolle destinar a previsión 5 millóns de euros.

Caixanova buscaría desprenderse desta entidade como parte do proceso de fusión con Caixa Galicia, aínda que Cotizalia asegura que xa antes houbo tentativas neste sentido.

Ademais de Caixanova, os principais accionistas son o empresario galego Epifanio Campo (10,1%) e Javier Ungría (10%). Inditex, de Amancio Ortega, ten algo máis do 3%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Srta. Pardo

Que estrano, unha nova de GC que non está adicada a ventilar emocións pola desesperación que ocasiona a tres amigyiños a visita do papa ao comprobar que non representan a ninguén e a igrexa católica ao 80% da poboación.

1 Daniel

Si, debe de ser que han recibido presiones de El Vaticano o del FMI. Son terribles estos del Opus

2 gaiteiriñodesoutelo

tan terribles como os de Falange de Pontevedra que actúan de comentaristas mentres están a traballar na delegación da consellería de Industria de Pontevedra.