Fretan autobuses desde varias cidades galegas para unha gran manifestación a prol do referendo catalán

A protesta terá lugar este sábado en Santiago de Compostela baixo o lema "Democracia é decidir".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/09/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A Plataforma "Galiza con Catalunya", que aglutina a diversas organizacións sociais, sindicais e políticas de Galicia anunciou que fletará autobuses desde diversas localidades galegas para acudir a unha gran manifestación en apoio do referendo catalán.

Milleiros de cataláns piden a independencia nunha masiva protesta en Barcelona
Milleiros de cataláns piden a independencia nunha masiva protesta en Barcelona

Baixo o lema "Democracia é decidir" a marcha realizarase este sábado 30 de setembro e partirá ás 12:00 horas dende a Alameda de Santiago de Compostela. "Diante da crecente repreresión por parte do Estado, e dos acenos a cada vez máis autoritarios do Goberno español, é indispensábel redoblarmos a nosa solidariedade internacionalista co pobo catalán e, singularmente, coas súas clases traballadoras e populares, apoiando de maneira clara o seu dereito a decidir e na defensa dos dereitos e liberdades democráticas", indica a organización.

Por iso, e para facilitar o desprazamento até Compostela fletará autobuses, cando menos, desde Vigo, O Porriño, A Guarda e Cangas. Para colaborar no sufragamento dos gastos, estabelécese un prezo de 5€ por persoa (a aboar no propio autobús), agás para as desempregadas e estudantes para quen será de balde. É preciso anotarse antes do venres 29 ás 13:30h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 XGV

Os millonarios aumentaron nun 60% e chuspa a fretan autobuses para ir exercitar a gorxa a Cataluña. Ante este tipo de xentiña, dicían os nosos vellos “son menos ca merda”. Moitos xa teñen renunciado a todo, xa nin teñen onde caer mortos, e danlle descanso a andar de okupas e piollentos para fretar autobuses e ir de ignorantes barulladas a Barcelona. Temos o que merecemos, e cada dia imos ter algo menos. Esta miseria intelectual e a fin da democracia.

2 Noa

Haberá que supoñer que isos buses son pagado co 3%?

1 LKI

Non, están pagados polos mesmos narcotraficantes que financian o PePé de Gá https://www.infolibre.es/noticias/p...

2 Noa

E queres creer que os de Puigdemont (Ciu e ERC) son mellores? Canto pringao solto.

1 ouizo

Seguid chupando consultas ilegales a las familias gallegas sobre las lenguas en la escuela. Como debe doler al nacionalismo, marginal en Galicia, que el PP gane votos y obtenga mayorías organizando consultas con el pueblo gallego para controlar la política lingüística. Qué pueden hacer los hispanofóbicos? Llamar a la Policía? jajaja

1 Baleaazulgalega

https://cotarelo.blogspot.com.es/ Organizade todas as consultas que queirades. Só un pequeno aviso: o mundo está a cambiar... E quen sabe se vós non seredes o impulso dese nacionalismo galego? Veña, ánimos. Pode que vós non nos queirades oír, pero non faltará quen o faga noutros lugares. Mellor vos sería buscar a concordia e tentar construír unha alternativa liberal en verdade que deixara de usar as linguas coma armas arroxadizas. Queres atacar a miña lingua materna? Queres acusarme de novo de impoñela? Queres crear fendas nunha Galicia que maioritariamente aspira a vivir en paz e a sobrevivir á crise? Ti verás...

2 Baleazaulgalega

Lembra o que dixo Lincoln "Pódese enganar a todo o mundo algún tempo, pódese enganar a algúns todo o tempo, pero non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo". E lembra tamén que Galicia é moito máis plural do que ti pensas e hai moitos castelán-falantes que defenderan o galego... Igual que acontece ao revés. Non semellas coñecer moi ben o mundo no que vives e pareces ter uns esquemas mentais moi inflexibles para adaptarte a el... Le e pensa. Sapere aude.

3 Baleazaulgalega

Por certo, este comentario teu vaime vir moi ben para lerllo a familiares e coñecidos galego-falantes e votantes do PP... Segue a facelos. E lembra algo: os galegos non soen recibir ben aos que dividen... Daquela era outro momento "histórico". Saber ler os momentos é moi importante. E algo que por exemplo, Pedro Puy sabe facer ben. A min non me consta nada recoñecer a valía dos meus adversarios políticos cando, ademais, coma é o caso falan tan ben a miña lingua materna. Afortunadamente os galegos e galegas somos mestres de convivencia e xente do trato, é dicir, somos bos diplomático. Para mostra: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pedro... Aínda quedamos moitos galegos que coñecemos a don Pedro...

4 ouizo cacho

Acouga Baleaazulgalega, acouga, só tentan que os miremos co mesmo desprezo co que nos miran a nós, mais non o van acadar. O fel que desprenden vainos afogar antes a eles.

5 Baleazaulgalega

Esto moi acougada. E comparto o que dis, pero creo que cómpre saber que vai haber unha tentativa de reforzamento das súas ideas. Por outra banda, creo que os hai máis nerviosos ca min. http://www.elnacional.cat/es/politi... E tes razón, nós damos rosas e pan e non falamos de seres humanos "fallidos".

6 Euskogalego

Ouizo, o nacionalismo galego non é marxinal, governa na Coruña, en Pontevedra, en Compostela, Lugo e Ferrol, se cadra es ti quen é o marxinal aquí, non crees?