Irlanda continúa coa oferta para aprender galego

A Consellería de Educación renova a colaboración coa Universidade de Cork para continuar cos estudos de galego. Na actualidade, o galego é obxecto de estudo en 35 universidades.

Por Galicia Confidencial | Irlanda | 06/10/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renovará a súa colaboración coa University College, Cork/Coláiste na hOllscoile Corcaigh (Irlanda) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas, e dar así continuidade a un acordo que se mantén desde 1998.

O embaixador de Irlanda en España, David Cooney, de visita institucional na Coruña
O embaixador de Irlanda en España, David Cooney, de visita institucional na Coruña | Fonte: Radio Coruña

Ao abeiro do dito convenio, a Universidade de Cork comprométese a dar continuidade ao ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas nos seus plans de estudo e a organizar actividades relacionadas coa investigación, a promoción e a difusión da lingua e da literatura galegas no ámbito universitario e na súa área de influencia.

Así mesmo, inclúese a contratación -a través da Secretaría Xeral de Cultura- dun lector de lingua, literatura e cultura galegas, como complemento práctico ao seu programa de formación. O acordo inclúe tamén a adquisición do material bibliográfico, fonográfico, videográfico, informático e a infraestrutura necesaria para levar a cabo as accións de promoción sinaladas. O importe deste convenio é de preto de 64.000 euros

Na actualidade, o galego é obxecto de estudo en 35 universidades. 27 delas contan con lectores -licenciados/as en Filoloxía Galega-, asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega  adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade (gramática histórica, cursos de conversa, cursos de lingua e civilización etc.). Alén disto, numerosas actividades relacionadas coa lingua galega e, en xeral, co patrimonio de Galicia complementan os programas formativos. 

Tags: GALEGO IRLANDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MANUELA RODRIGUEZ GIRALDEZ

Quero comentar que os tres institutos de Ponteareas temos un Erasmus + con Irlanda en concreto cun centro de Tuam ,no condado de Galway. Xa estamos no segundo ano e o proxecto é sobre as linguas galega e gaélica.

1 agus fernandez

Paréceme moi ben o canvio cos irlandeses. Sabedes si temos aínda algunhas verbas comúns coa súa lingua ?