1640, a sublevación de Cataluña e a fin da irmandade secular entre galegos e portugueses

A Guerra dels Segadors e a intención do conde duque de Olivares de enviar tropas portuguesas para someter aos cataláns serviu para iniciar outra guerra, a da independencia de Portugal. Galicia acabou converténdose nun importante campo de batalla.

Por Galicia Confidencial | A Guarda | 09/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Hai máis de 350 anos, galegos e portugueses sementaron a fronteira común de fortíns, atalaias e fortalezas e iniciaron unha guerra que duraría case 30 anos. É a coñecida como Guerra da Restaruraçao no país veciño. Unha guerra que veu imposta por outras que a Monarquía Española mantiña contra Francia, Inglaterra e Holanda e que tivo na revolta de Cataluña, na coñecida como Guerra dels Segadors, o chisqueiro que Portugal levaba tempo buscando para retomar a súa independencia.

Cadro da Batalla de Rocroi, por Augusto Ferrer Dalmau
Cadro da Batalla de Rocroi, por Augusto Ferrer Dalmau

Esa guerra tivo unha fronte principal en Extremadura e unha secundaria, aberta pola Corte Española e por nobres portugueses de Lisboa, en Galicia e o norte de Portugal, que foi rexeitada, desde un comezo, polos galegos e os portugueses que vivían a un e outro lado da raia e que levaban séculos de convivencia. Máis no portal Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta