Temas: INCENDIOS

Brigadista detido acusado de seis incendios en Parque Natural

Un membro da brigada municipal do Concello de Lobios (Ourense) foi detido pola Garda Civil como presunto autor de seis incendios forestais no Xurés.. O primeiro dos lumes é de finais de xullo e o último do 2 de outubro

Por E.P. | OURENSE | 09/10/2017 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Esta detención realizouse no marco da Operación Lumex, na que a investigación xunto ao testemuño de "algúns veciños", levou á detención este luns de M.G.F., veciño de Puxedo, Lobios, de 21 anos.

Incendio no Xurés achegándose as casas
Incendio no Xurés achegándose as casas | Fonte: Axentes MM CCOO

Durante o verán producíronse varios lumes na comarca de Baixa Limia e detectouse que os incendios foran provocados, con focos distribuídos en ladeiras de forte pendente para que se propagasen "o máis rápido posible", segundo informa a Garda Civil nun comunicado.

Pola súa banda, fontes da investigación explican que o membro da brigada municipal do Concello de Lobios "utilizaba o itinerario desde o seu domicilio ata a base da brigada para plantar lume", mentres "todos os incendios producíanse a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral".

De feito, cando o distrito de extinción de incendios detectaba o comezo dos lumes, o agora detido "atopábase traballando, polo que en ocasións el mesmo era desprazado a apagar o incendio que provocara". Nalgúns casos, as lapas "chegaron a pouco máis de cen metros" de vivendas, como o ocorrido en Silvares de Grou, Lobios, o 22 de agosto.

O mozo pasará este martes, 10 de outubro, a disposición xudicial no xulgado de Bande (Ourense) acusado de seis delitos de incendio forestal.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

Os incendios que se lle imputan son os seguintes: O 30 de xullo nos Chaos, Lobeira (3,5 hectáreas de arboledo queimadas); o 14 de agosto en Lobios (0,40 hectáreas de raso); o 16 de agosto, en Lobios (0,30 hectáreas de arboledo).

A lista prosegue o 22 de agosto, en Silvares de Grou (Lobios), con 2 hectáreas de arboledo arrasadas; o 27 de setembro, en San Martiño Araúxo (Lobios), con 10.000 metros de arboledo calcinados; e o 2 de outubro, en Feiravella (Entrimo), con 2.500 metros de arboledo afectados.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Arturo

Hai xente que desbarda. Se hai un brigadista que prende lume, a culpa é do partido do governo. E a teima de sempre, a culpa dos incendios non é dos incendiarios que prenden lume, é do governo, pase o que pase. A cerrazón mental dalgúns fai que non razoen. Sinceramente, mi non comprender.

1 ppirómano

É que Feixoo xa atopou a solución hai anos: "Ti deixas que arda toda Galicia e despois non hai más nada que queimar. Nonsí, Mariano?"