Feijóo rexeita o diálogo de Puigdemont e defende a activación do artigo 155

O presidente galego descualifica a proposta do president catalán e di que é unha “farsa e unha chantaxe”, e que “ademais de dividir España, dividiu o independentismo”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/10/2017 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo non está polo diálogo coas autoridades de Cataluña, nin co seu presidente, Carles Puigdemont, que este martes anunciaba a declaración dunha República Catalá que logo deixaba en suspenso para dialogar co Estado e “rebaixar a tensión”. “Por que hai que dialogar cando non hai interese por facelo e cando ese diálogo é unha chantaxe?”, suliñou o presidente da Xunta que se amosou favorable a activar o artigo 155, tal e como fixo o Goberno central.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Preguntado por GC na rolda de prensa posterior a Consello da Xunta, Feijóo foi contundente: “Existe unha maior farsa que dicir unha cousa e logo facer completamente a contraria?”, preguntouse ao destacar que a oferta de diálogo e a suposta declaración de independencia foi unha “farsa” feita “de costas á Cámara”. “Non é serio nin el, nin o que propón”, insistiu.

Neste sentido, considerou lóxico que se activen os pasos previso á aplicación do artigo 155 da Constitución Española en Cataluña, que é un requerimento ao Goberno e o Parlament catalan para que aclaren se se declarou ou non a independencia e actuar, así, en consecuencia. “O que fixo foi dividir aos cidadáns cataláns, aos españois e agora tamén ao independentismo... Por iso terá que asumir responsabilidades”, indicou.

Fixo unha lei chapuceira, un referendo chapuceiro e unha declaración de independencia chapuceira”, suliñou ao resaltar que o obxectivo final de Puigdemont non é “a nación catalá”, senón “perpetuarse no poder e estafar ao pobo”.  De feito, considerou que as autoridades catalás están levando ao empobrecemento, á “humillación” e á división de Cataluña e de España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

12 D.\LAVAÑOU

Faballonciño Nasón ,,sempre a falar, sempre sin decir nada, para disimular a sua condición de convidado de pedra na política do estado. ¡ Que pouco se valoran os seus votantes.. O faballonciño....sen. vergoña....os da sua corda sen dignidade !! Comedores de patacas. madrocas..

11 lacaio ppodre

estaba nos mandriles vendo como desfialaba a cabra da lexion... so facista!!! - lastema que non lles caese o avión enriba das cabezas, inútiles, estafadores pepeiros 9.000 millons de euros si NOVE MIL MILLONS DE EUROS GASTADOS EN DEFENSA DA OTAN... mais que no paro, axudas sociais, dependencia, hepatites c, etc...

10 Anti...

Os súbditos galegos, rajoy e feijoo axeonllarense como fixeron os seus devanceiros perante o rei de castela, non son cidadáns son... , vaia non hai adxetivos. A conta de Catalunya non se fala de todo o roubo de membros do pepé nen das investigacions fiscais nin as declaracions de xuizo oral co pepeiro como inculpa/investigado.

9 Fernando G

Mal que les pese a algunos upegallos que excretan aquí sus malolientes deposiciones, Alberto Núñez Feijóo se está creciendo durante este golpe de estado. Tras la comprobación de la nulidad que muestra la butanita, está claro quien es hoy el más probable sucesor de Mariano.

1 Hartito

Así que cambiamos un cobarde como Rajoy por un narco como Feijóo que pais

8 escursión e bocatas gratis

O corrupto réxime neo franquista do 76 nervoso, e en descomposición co Felipe "el preparao" violando o papel de mediador que lle marca a constitución, facendo de altofalante dos corruPPtos ao fronte, tan só reacciona con ameazas, violencia e represión. Levando ao mais carca, casposo e mercenario coma Vargas Llosa, Borrel e Primo de Rivera, coa lumpen ultradereitista dos ultra sur e frente atlético e aos Manolos do bombo, en autobuses pagos dende Madrid a Catalunya e parada de mamporreiros a volta nas festas de Valencia.

1 nostrus

escursión e bocatas gratis e o que reciben cada ano no 11 de setembre despois de ter reservado a asistencia tres meses antes para ter contratados os autobuses dende toda Cataluña e doutras partes de España con xente afin aos separratas, mentras que na manifa do 8 O apenas tiveron catro dias para organizala viñeran donde viñeran