Que fan os militares da UME? “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, din brigadistas

Os bombeiros forestais din que os militares “non están preparados” para loitar contra os lumes e que “sempre quedan cos camións ás beiras do camiño”. “Se vos fixades os seus traxes están sempre impolutos”, critican.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Serviron de algo os militares da UME?”, foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Pazos de Borbén

De feito foi máis alá e asegurou que, desde o seu punto de vista, os militares non deberían estar para sufucar lumes. “Ese non é o seu cometido. Non están preparados para iso. O seu é o tema militar”, indicaba Puentes.  E sen conterse espetaba “pero vós fixadevos onde andan sempre... Sempre nas estradas, nos camiños, non van máis alá de onde lle dean as mangueiras, por iso os seus traxes aparecen sempre impolutos”. “E logo, ademais, cobran un pastón”, concluía.

Estes días foron 700 efectivos da UME os que foron despregados en Galicia para conter os incendios. 540 deles estaba xa o domingo, o día crítico dos lumes, e outros 160 se incorporaron nos días seguintes. Contaron, para a súa actuación, con 130 vehículos, 3 helicópteros e 4 avións.

Na visita que o martes realizou Mariano Rajoy a Galicia apareceu rodeado de militares da UME. Con todo, en ningún momento se lle viu rodeado doutros equipos ou servizos de emerxencia. “E que vanlle moito as fotos”, ironizaban os brigadistas ao respecto.

Outras polémicas

A relación entre UME e outros servizos de emerxencia, principalmente, bombeiros e brigadistas non é moi fluída. Hai dous anos xa houbo unha forte polémica entre integrantes da UME e bombeiros forestais a conta dun vídeo e dunhas fotografías nas que se podía ver a un suposto militar da Unidade Militar de Emerxencias bebendo e bailando nunha festa mentres ardía un monte. 

Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia
Membros da UME loitan contra o lume en plena vaga de incendios en outubro en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Nosotros hacemos nuestra labor que es luchar contra los incendios forestales. Acudimos cuando una Comunidad Autónoma nos llama”, apuntaron entón desde a Unidad Militar de Emergencias en declaracións a GC, mentres que había duras críticas no perfil oficial de FB de Bombeiros Forestais de Galicia pola actitude de certos integrantes deste corpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

16 Juan74

Al menos no queman los montes para crear necesidad de puestos de trabajo como algunos que en el pasado fueron detenidos incendiando por dicha motivacion. Pais de ingratos y pueblerinosanalfaburros.

15 Sincero

Que fai a UME? Sair nas fotos e levarse unha pasta...aunque non nos dicen canta Ben certo é que para os mandamás da televisión de Galicia no escaso tempo adicado o domingo ó lume (por unha vez viva la sexta), prefieren que salga un señor con traxe inmaculado, ben limpio, afeitado e o pelo ben peiteado a que salga un brigadista sudado, cheo de zinza, cos ollos vermellos do fume e con fame (nin un triste bocadillo) con 14 horas de traballo continuado dicindo que taba ata as partes nobles de ver motobombas sin conductor e brigadas de 2 personas. Igual tamén se lle escapaba dicir que o cesaron o 30 e o voltaron a contratar o 10. E agora que mintan os Trolls do PP.

14 CIG mos manipulando

Menudo xeito fascista, partidista e interesado de tratar unha noticia. Rigor periodístico máximo deste GC que curiosamente sempre recaba opinións duha das partes, a mesma sempre, e logo din que os nacionalistas non manipulan....non manipulan pouco.

1 unmais

¿Queres deixar un comentario?A outra versión, sen contrastar, xa a temos en todos os xornais que hai en papel, e ademáis pagada co diñeiro dos nosos impostos, de maneira que non nos trate como se fosemos parvos

13 Para Toñechos

Parece ser que tenemos un tolosa entre nosotros, Tonechos podran esclarecerme con tu gran sabiduria alguna de estas preguntas?? - Cual es el presupuesto de Defensa este año?? - Es superior o inferior que el de otros años? - Que parte de ese presupuesto es para la UME?? - Cuanto cobra un militar de la UME, por nomina o x intervencion, como quieras?? A la tolosilla, tienes toda la tarde para informarte en Google. Vea que facil es desacredirar, adios iluminao.

12 Salomón

Todo isto atallabase ben con cartos e disociando os lumes con beneficios para ninguén. Primeiro mantendo o monte limpo onde os brigadistas ou quen sexa cobre todo o ano. Mesmo os concellos reciban algo para esa labor. Despois en canto haxa lume eses ingresos vanse recortando. Se hai moitos lumes no teu concello ou área responsable vas cobrar menos... A superficie queimada ten que ser reforestada polos mesmos encargados de a coidar SEN recibir ningunha partida extra para esas tarefas. Só haberá recuperación de pluses por superficie verde non ardida. É unha idea xenérica. Premiar o mantemento e castigar cando hai lume, a todos os actores intervintes.