Temas: LUMES INCENDIOS

A muller detida por causar lumes mentres queimaba maleza coida de dúas persoas incapacitadas

Está en liberdade provisional acusada de dous incendios. Di que os causou queimando maleza. A Xunta informa de que "correron perigo" dúas casas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2017 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A muller de 73 anos detida este martes como presunta autora de varios incendios forestais quedou en liberdade provisional, á falta de que volva ser chamada polo xuíz. Está acusada de ser a autora de dous lumes o pasada domingo 15 de outubro, o domingo negro dos lumes, que queimaron case dúas hectáreas e que ela di que se provocaron mentres queimaba maleza.

Queima de restos agrícolas
Queima de restos agrícolas | Fonte: GC

Fontes locais consultadas por Europa Press sinalaron que a muller ten a un fillo duns 40 anos con discapacidade ao seu cargo e tamén ao seu marido, que está en cadeira de rodas.

Na súa declaración ante a Garda Civil, esta veciña de Mos dixo que o lume fuxiulle mentres realizaba unha "limpeza da maleza na proximidade da súa vivenda". O lume comezou no lugar de Rubial, na parroquia de Petelos, e arrasou dúas hectáreas: 0,3 de arboledo e 1,7 de raso. Tiveron que participar medios de extinción terrestres e aéreos e a investigada "recoñece os feitos", segundo apunta.

A Xunta de Galicia informou de que dúas casas "correron perigo" polo incendio e que, segundo subliña Vicepresidencia a través dun comunicado, a muller "recoñeceu a súa autoría debido ás numerosas declaracións na súa contra". Ademais,  indica que as investigacións comezaron nos días seguintes ao lume e que despois de identificar o punto de inicio das lapas "localizouse a varias testemuñas".

"Perfiláronse as características do autor e circunscribiuse a investigación sobre veciños da zona, debido ao sistema tradicional de inicio do lume mediante a acción directa dunha lapa sobre restos forestais", destaca. Así, Vicepresidencia precisa que "finalmente a muller recoñeceu a súa autoría debido ás numerosas declaracións na súa contra, e foi detida".

Outros dous lumes

A nota de prensa emitida polo Goberno galego explica que o marido desta septuaxenaria, á que a Policía Autonómica atribúe outros dous incendios en 2013 e 2016, "entrou en contradicións con outros testemuños".

Trataríanse de dous lumes de 2013 (15 de xullo) e 2016 (11 de agosto) que foron "de dimensións máis pequenas que o acontecido neste mes de outubro", de dúas hectáreas de afectación, e ademais "non afectaron a vivendas próximas". "Pero os tres tiveron lugar en días de máximo risco, cando estaba totalmente prohibida calquera tipo de queima", sinala.

Esta é a segunda detención relacionada cos lumes do domingo negro, logo da detención doutro veciño de Vigo --en prisión-- acusado de queimar unha hectárea mentres realizaba unha churrascada nunha finca da súa propiedade.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PICUDIÑO NACIONAL

non foi ningún Xparvo a solidarizarse con ela... a lavarlle as bragas no pilon do pobo ou asi... ou a facerlle un pouco de carantoñas e cuchi-cuchi pola noite... a "pobre vella tola" saben que detiveron a outro que xa tiña causado 230 luMes, por outros 12 incendios na vaga deste ano, polo menos a iste nada de solidaridade levalo a un mac-donals a celebrar o cumpre anos... de que vamos aquí con toda ista chusma... o brigadista, o outro do mel, miren si tiña outros antecedentes polo da ludoterapia da pp-iromaniaca... a vella tola e outro que andaba pola rua tan tranquilo... pero de que vamos... que pasa neste país!!!! EU DIGO QUE E UNHA POLITICA EXPAÑOLA PLANIFICADA PARA DESTRUIRNOS OS GALEGOS!!!!- preguntémonos... preguntémonos si nun estado nacional esta xente podría andadar asi facendo estas tropelías os pillabans... eh!!!