Temas: CAFé

As virtudes dun bo café caseiro

Escoller un bo café, a poder ser un bo de Colombia, e tamén unha boa cafeteira é fundamental para poder saír da cama cun bo sorriso.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Preparar café en casa pode parecer algo sinxelo, e realmente o é, tan só temos que acender a nosa cafeteira, pór o café moído ou ben a cápsula de café, verquer auga no depósito, apertar o botón e listo. O realmente complicado non é preparar un café, senón preparar un bo café, un café cun cheiro intenso a café que encha toda a cociña cun aroma especial e inconfundible e que ao probalo saiba realmente ao café que nos gusta tomar, xa sexa forte ou un pouco menos intenso.

O mundo do café cada vez máis especializado
O mundo do café cada vez máis especializado

Imos botarlle unha ollada aos mellores consellos e elementos que temos que ter en conta para que o café que preparemos na casa, sexa como os cafés preparados polos mellores baristas italianos.

A cafeteira, a chave de todo

A cafetera é o punto crave de todo o proceso, se non temos unha boa cafeteira que prepare o café imos aviados... Non teremos ese café que faga espertar un sorriso polas mañás. Hai multitude de cafeteiras que producen diferentes tipos de café, as clásicas que todo o mundo ten na súa casa son as cafeteiras italianas, que preparan o café de toda a vida. Hoxe en día todo evolucionou moitísimo e a tecnoloxía posibilitou que podamos ter nas nosas casas cafeteras automáticas que preparan un delicioso café.

Tan só temos que botarlle unha ollada ás mellores cafeteiras nespresso, para darnos conta que podemos ter na nosa casa unha máquina de café que prepare auténtico café espresso italiano preparado nun santiamén. Este tipo de cafeteiras convertéronse nunha opción moi popular debido á súa sinxeleza de uso, e á súa comodidade. Tan só teremos que introducir unha das cápsulas do café que escollésemos entre toda a súa variedade, para poder gozar rapidamente dun café digno dos mellores baristas.

Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador
Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador

O café, coidando a materia prima

Existen numerosas variedades de café, temos que ter en conta que en ocasións, a pesar de que diferentes marcas vendan café da mesma procedencia, o máis probable é que saiban diferente. É por iso polo que para atopar o café que máis nos guste, probablemente teñamos que probar entre diferentes marcas e diferentes variedades de café. Un consello que se adoita utilizar á hora de atopar a variedade de café que máis nos guste, é o de ir probando diferentes variedades, que teñen diferente intensidade, e comprar o mesmo en diferentes marcas, de tal forma que podemos probar café de Colombia en diferentes marcas con intensidades similares e quedarnos co que máis nos guste ou ben refugalo e probar outra variedade e outra intensidade, así ata que atopemos o adecuado.

O mundo do café popularizouse e estendido tanto, que practicamente en calquera gran superficie de alimentación podemos atopar múltiples variedades de café, aptas para diferentes tipos de máquinas en formato moído ou en gran ou tamén en formato cápsula.

Temas: CAFé
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paula Hernández

La verdad es que me ha gustado mucho el artículo. Lo que está claro es que un café bien hecho con granos de alta calidad nos aportará muchas más propiedades y beneficios. ¡Me apunto las recomendaciones de las cafeteras!