Marrocos expulsa do Sáhara Occidenteal a cinco europarlamentarios, entre eles á galega Lídia Senra

Forma parte da delegación de cinco parlamentarios que pretendía reunirse ca sociedade civil esta fin de semana no Sáhara Occidental.

Por Galicia Confidencial | Sáhara Occidental | 27/10/2017 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

As autoridades marroquís negáronlles a entrada a El Aaiun, capital do territorio ocupado do Sáhara Occidental, a cinco membros do Parlamento Europeo, entre os que viaxaba a galega Lídia Senra. Todos eles forman parte do Intergrupo do Parlamento Europeo para o Sáhara Occidental e programaran para esta fin de semana reunións coas partes interesadas da sociedade civil en El Aaiún. 

Lídia Senra, xunto con outros catros eurodeputados expulsados do Sáhara Occidental por Marrocos
Lídia Senra, xunto con outros catros eurodeputados expulsados do Sáhara Occidental por Marrocos

“Marrocos non quere ningunha testemuña da continua violación que está a facer dos dereitos humanos do pobo saharaui nos Territorios Ocupados. Non quere testemuñas dos seus crimes”, criticou a eurodeputada galega, “unha das cuestións das que precisamente queriamos obter máis información  era sobre o feminicidio dunha moza saharaui asasinada por colonos marroquís fai apenas un par de semanas”.

Esta visita fora tamén valorada como especialmente importante polo conxunto desta delegación de parlamentarios por producirse precisamente nun momento no que a Comisión Europea está a negociar a modificación do Protocolo de Asociación entre Marrocos e a UE logo da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) o pasado decembro de 2016. 

Na súa sentenza, o TXUE reiterou que o Sáhara Occidental e Marrocos son dous territorios distintos e que ningún acordo internacional pode ser aplicado no primeiro sen o consentimento do pobo saharauí. A Eurocámara terá que votar este novo Protocolo no pleno do Parlamento Europeo nos vindeiros meses, polo que a visita ao Sáhara Occidental e os contactos ca sociedade civil resultaban esenciais para poder coñecer de primeira man a situación nos Territorios Ocupados.

Obxectivos

Esta misión tiña tamén como obxectivo manter xuntanzas con colectivos de defensores de dereitos humanos, activistas saharauís e familiares dos presos políticos, tanto dos dazasete universitarios presos -coñecidos como “os compañeiros de El Ouali”, estudante asasinado por autoridades marroquís no ano 2016-  como dos campamentos Gdeim Izik que foron dispersados polas autoridades marroquíes a centos de kilómetros das súas familias, como ten denunciado recentemente a propia Lídia Senra. “Son presos civís, Marrocos está vulnerando a Convección de Xenebra ao dispersar a estas persoas fora do territorio non autónomo do Sáhara Occidental”, recalcou hoxe a eurodeputada galega.

Refuxados saharauis
Refuxados saharauis

“Denunciamos o silencio da comunidade internacional con respecto aos crimes que está a cometer o Goberno de Marrocos, e especialmente de Estados que teñen moito que ver nesta situación, como o propio Estado español e Francia”, incidiu Senra en alusión á actitude de bloqueo que neste momento  está a ter Francia no Consello de Seguridade da ONU para evitar a ampliación do mandato da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o referendo do Sáhara Occidental) ao monitoreo da situación dos dereitos humanos.

campamento saharaui destruído por Marrocos
campamento saharaui destruído por Marrocos
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Geluco Mendez

E como é que Lidia Senra non defendeu a abogada do SLG que ela mesma despediu por estar casada cun abogado da CIG?......

1 Failde

Nostrus, onde estás? Os teus compatriotas con DNI español non merecen a túa defensa como nacionalista español? Calas ante a entrega a Marrocos dos españois saharauis? Non pides unha marcha de policías militares armados, coa cabra e o trapo colgado dun pau, e coa medios da caverna quentando o ambiente? Ou a cobardía dos fasciosos que tanto defendedes a identidade española non vos permite erguervos ante semellante vergoña?