Temas: SANIDADE VIVEIRO

A Mariña tamén se levanta contra os recortes da sanidade pública

Máis de 200 persoas participaron nunha asemblea en defensa da área sanitaria desta comarca do norte de Lugo e acordan iniciar unha serie de prostestas durante o mes de novembro.

Por Galicia Confidencial | Viveiro | 31/10/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Máis de duascentas persoas participaron este luns na asemblea informativa na defensa da Área Sanitaria da Mariña nun encontro organizado por Somos unha Área Viveiro e na que participaron múltiples asociacións e colectivos, veciñanza a título persoal e cargos públicos. Na xuntanza púxose de manifesto os graves problemas da sanidade pública en Galicia e, especialmente, os que afectan a esta comarca.

Participantes na asemblea sobre as deficiencias da área sanitaria da Mariña
Participantes na asemblea sobre as deficiencias da área sanitaria da Mariña | Fonte: Somos unha Área Viveiro

No acto participaron tamén o Presidente da Xunta de Persoal do Hospital da Costa, a coordinadora da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e o ex-xerente do Hospital da Costa Pablo Mosquera.

Os veciños apostaron pola defensa dun ben común, a sanidade pública, e rexeitaron a supresión da área sanitaria, segundo informaron os convocantes nun comunicado. Tamén manifestaron que queren as mesmas condicións para a comarca da Mariña que as que ten a comarca de Ferrol e que a sanidade desta zona do norte de Lugo precisa dunha ampliación de servizos. “Que non nos leven o que temos para Lugo”, indicaron ao tempo que rexeitaron ser cidadáns de segunda. “Merecemonos unha sanidade digna, de proximidade e de calidade”, suliñou o colectivo veciñal.

Durante o acto puxeron riba da mesa distintas medidas para iniciar un calendario de actos ao longo de todo o mes de novembro en Viveiro na defensa da sanidade pública que foi aprobado pola maioría da veciñanza. O primeiro terá lugar este domingo 5 de novembro durante un acto do C. D. Esgovarros Viveiro na cidade do Landro, confirman dende Somos unha Área Viveiro.

Temas: SANIDADE VIVEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta