A Deputación de Pontevedra cuadriplicará as axudas polos incendios que dá a Xunta

"É un esforzo monumental", apuntan desde o organismo municipal. Serán 90 millóns de euros en axudas aos municipios afectados. Unha cifra que contrasta cos 21 millóns anunciados pola Xunta no seu decreto de axudas aos afectados polos lumes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2017 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra decidiu tomar en serio a vaga de lumes deste outubro e destinará case catro veces máis de axudas que as destinadas pola Xunta. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente, César Mosquera, presentou este martes as medidas que a institución provincial porá en marcha ante a "terrible vaga de incendios" sufrida na provincia, con máis de 90 millóns de euros en axudas aos concellos. Uns cartos que contrastan cos 21 millóns anunciados polo presidente Feijóo.

Np Depo Depo Impulsa Un Plan Global Transversal Para A Recuperación, Prevención
Np Depo Depo Impulsa Un Plan Global Transversal Para A Recuperación, Prevención | Fonte: Europa Press

Carmela Silva apuntou que o executivo provincial impulsará dúas grandes liñas de apoio: unha destinada a medidas de cooperación municipal e prevención e, por outra banda, un cambio de modelo na política forestal. No primeiro apartado, modificarase de maneira inmediata unha cláusula nas bases do Plan Concellos 2017 para posibilitar que os municipios afectados poidan cambiar o destino dos seus fondos para acometer actuacións relacionadas cos incendios.

Ademais adiantaranse as axudas do citado plan correspondentes aos anos 2018 e 2019 para que os gobernos locais poidan deseñar proxectos plurianuais con maior investimento e, por tanto, de maior envergadura. Tamén se enfocarán, con este fin, os investimentos do Plan Revitaliza e axilizaranse os recursos destinados á liña de axudas de parques forestais.

ESTUDO DO MONTE

Por outra banda, César Mosquera tamén apuntou que se encargará á Escola de Enxeñaría Forestal que coordine a elaboración dun estudo en profundidade do monte e das áreas de actuación. Ademais traballarase de maneira trasversal en todas os departamentos da institución provincial. "É un plan global onde todas as áreas da Deputación van estar actuando", destacou Silva.

Estas axudas suporán a reconducción da actividade da Deputación con este propósito, coa posta a disposición dos recursos de 2017, 2018 e 2019. "É un esforzo da Deputación absolutamente monumental", dixo Mosquera "sobre todo por mostrar que se pode facer doutra maneira, que temos que coller outro camiño entre todos", sinalou, advertindo de que "a situación na que está o monte é o maior problema que ten Galicia".

Finalmente a presidenta Carmela Silva lembrou que o Goberno central aínda non declarou aos municipios danados en Pontevedra como "zona gravemente afectada", unha petición que o goberno provincial realizou a pasada semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Gamela

Xa comezou a festa na Deputación de Pontevedra ? Ogallá os 90 millóns cheguen a quen os necesita... e non se perdan polo camiño !!!

1 Celestino de Torbeo

Para mantidos do BNG e PsoE van axudar a calmar a fame. Igualiño que fai o Partido Podre, alimentando a clientela coas deputacións. Un xeito curioso dos partidos sistémicos, o reparto do aguinaldo aos seis adeptos e aplaudidores, que din que xa aprenderon as Mareas de Podemos. Canta rata para tan pouco queixo, hai que desratizar a política galega!

2 Gamela

Castelao falaba daquel que mercou un can para ter alguén en quen mandar... E por desgracia as políticas galegas aprenden rápido ! Nin con Ratibrón! https://twitter.com/Gamela2017/stat...

3 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

4 Antilumes

Si, ho! E nin limpar o monte nin revitalizar o rural nin mandar bombeiros cando hai lume: exactamente como fai o PP feixoano e baltariano, que non son caciques nin sistémicos nin desvían e rouban os cartos de todos.

5 Gamela

Antilumes, coidado coa nova moda de talar tódalas árbores a menos de 30 metros das casas... non vaia ser que de tanto loitar conta o lume, convirtamos Galicia nun DESERTO!