A plataforma de bombeiros públicos de Galicia reclama recuperar a xestión directa dos parques privatizados

Demandan, ademais, a aprobación dun regulamento do bombeiro profesional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2017 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

A plataforma de bombeiros públicos de Galicia reclama a recuperación da xestión directa de todos os parques "privatizados", no marco da modificación do mapa de emerxencias do país.

Bombeiros da Coruña cunha faixa reivindicativa
Bombeiros da Coruña cunha faixa reivindicativa | Fonte: Podemos A Coruña

Demanda, ademais, a aprobación dun regulamento do bombeiro profesional, e unha análise "pormenorizada" de todos aqueles condicionantes "que contribúan á mellora da calidade" dos parques.

No actual contexto, a plataforma estima que o "primeiro paso necesario para pór orde en todo este desastre pasa por lexislar". "Unha vez máis, parece que se insiste en empezar a casa polo tellado", advirte.

Neste sentido, apuntan a que a Deputación de Pontevedra "non manifestou de maneira concisa que modelo de xestión pretende implantar". Subliña, nesta liña, que "todas as modificacións que leven a cabo deben ir enfocadas cara á recuperación da xestión directa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 VNAC

Claro, claro, servicios públicos=liberados sindicales a mogollón, moscosos, enchufados, plantillas sobredimensionadas, sueldos siderales, bajas por depresión en temporada de cazca,etc,etc

2 frijoles gran churrasco

MELON 5.777 HECTAREAS CHURRASCADAS! e digo eu vai dimitir o de protección civil o malfadado e ínclito rueda valenciano... a que espera para rodar e sair fora xa da untada da malicia!

1 FRIJOLES MENTIROSO

LOBIOS 3.634 PONTEAREAS 1.413-81-740 PAZOS DE BORBEN 9.505 CALDAS DE REIS 1.119 SILLEDA 503 SAN CRISTOVO DE CEA 2.358 VILAMARIN 162 PADERNE DE ALLARIZ 1.910 ESGOS 597 PARADA DE SIL 1.607 MACEDA 856 MONTEDERRAMO 201 CHANDREIXA DE QUEIXA 882 VILAR DE BARRIO 946 CHANDREIXA DE QUEIXA 196 VILARIÑO DE CONXO 567 A GUDIÑA 1.812 VIANA DO BOLO 393 AS NEVES 3.914 SALVATERRA DO MIÑO 985 GONDOMAR 1.884 - 1.453 BAIONA 90 VILARIÑO DE CONSO 71-83 FORNELOS DE MONTES 457 FRIOL 112 VALDO DUBRA 254 SARRIA 97 CHANTADA 229 A CAÑIZA 188 BOBORAS 333 PIÑOR 72 CERVANTES 1.915 – 802 XAN XOAN DE RIO 207 VILARIÑO DE CONSO 35 MONDARIZ 46-17 GONDOMAR 43 PORTO DO SON 21 PARADELA 45