“A velocidade de propagación do lume nun eucaliptal é un 50% máis rápida ca nunha carballeira”

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, explica científicamente, con datos e estatísticas, as verdadeiras causas dun incendio forestal. En situación de vento, seca e baixa humidade as faíscas poden prender novos focos simultáneamente ata 3 quilómetros de distancia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Trama incendiaria. Organización criminal e organizada. Pirómanos pagados... Ata agora son moitas e moi diversas as explicacións que se están dando para entender quen prende os lumes ou como arden os nosos montes. Pero, polo momento, non hai patróns comúns de comportamentos. Tras a vaga de lumes deste outubro, o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, científico no CSIC, aporta datos moi interesantes sobre a orixe e a propagación das lapas na última onde incendiaria.

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Nunha charla este venres na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, convidado pola Delegación de Alumnado do centro, González fixo unha comparativa da velocidade de propagación do lume en tres tipos de masas forestais, “ben mantidas e conservadas”: unha carballeira, un piñeiral e un eucaliptal. No caso da carballeira, a velocidade de propagación en condicións normais é, segundo explicou, de 10 metros por minuto; no piñeiral, esta cifra aumenta a 12 metros por minuto, un 20% máis; e no caso do eucaliptal, “igual de ben coidado e xestionado” a velocidade increméntase ata os 15 metros por minuto.

“É dicir, a velocidade de propagación do lume nun eucaliptal é un 50% máis rápida ca nunha carballeira”, recalcou o experto, ao que engadiu que “mesmo nas condicións máis favorables” un lume nun eucaliptal pode xerar focos secundarios a 400 metros de distancia”.

E en malas condicións?

E se isto pasa nas mellores condicións, que pode chegar a acontecer nas peores, nunha masa de eucaliptal moi densa e mal mantida?. Segundo expuxo o investigador, autor de máis de 60 artigos en revistas científicas sobre incendios forestais, en condicións negativas os focos secundarios esténdense a case un quilómetro de distancia e, se o vento axuda, esta cifra pode subir ata os tres quilómetros.

Lapas en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lapas en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Isto explica, segundo dixo,  que cando hai lumes de copa nos eucaliptais os focos se multipliquen a gran velocidade e, a máis intensidade do lume, máis focos e ata distancias maiores. “Cando pasa isto a xente comeza a dicir que anda alguén no monte prendendo lume, pero non, estes lumes poden saltar, esas faiscas incandescentes provocan múltiples lumes secundarios tanto preto como lonxe do foco inicial”, subliñou González.

Arder 60 metros por minuto

“Se nunha carballeira ben mantida a velocidade de propagación do lume é de 10 metros por minuto, nun eucaliptal mal mantido, no que non se teñen realizado os rareos oportunos, esta cifra pode dispararse ata os 50 ou 60 metros por minuto, cinco veces máis rápido ca na carballeira e, ademais, xerando focos secundarios ata case a tres quilómetros de distancia”, recalcou o investigador, ao tempo que apuntou que “isto é o que explica porque os incendios da provincia de Pontevedra son máis perigosos para as persoas ca os do resto da comunidade”.

Falta de vontade política para solucionar este problema

Con respecto á pregunta de se detrás da vaga de lumes -a de hai quince días, a de 2006 ou calquera outra anterior- pode haber unha conspiración incendiaria, Serafín González, insiste en que “non hai ningunha proba de que iso exista. Galicia leva sufrindo lumes reiterados desde hai moitos anos e estou seguro de que de haber algunha trama sería imposible que pasase desapercibida no mundo rural galego”.

Detrás, baixo o seu punto de vista, hai múltiples e moi variadas causas, entre as máis importantes, “unha terrible falta de vontade política para superar este problema”. Neste senso, non dubidou en afirmar que “en Galicia o 90% dos incendios son causados pola man do home” e “hoxe, igual ca no pasado, os incendios seguen a ser unha arma de ataque entre partidos”.

Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural
Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural | Fonte: Duvi
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

2 fire whit fire

xa.. e entre piornos, xestas, uces, silveiras, herba, e toxos??

1 Fumedecarozo

Serafín González o mesmo que informa negativamente de cambios de cultivo jod.. aos agricultores, que non permite volver a sementar cereal nos montes.... Señor ecoloxistas de despacho, A Coruña e Lugo más eucalipto menos incendios, saia do despacho e pise o monte para algo máis que para facer senderismo polas leiras dos demais.

1 o toxal arde mais

din que cando os europeos chegaron a Australia e viron o animal que daban brincos polo monte quedaron totalmente abraiados e preguntaron os aborixes como se chamaba o animal en cuestión... e o indixena dixolles CANGURO que siginifica no comprendo!--- ti es un caguro un incompredido fume de carozo, mais burro e mais ignorante non se pode ser non lle chegas os pes dos zocos de sefarfin ou non te enteras ou non te queres enterar... e para aqueles productores de eucaliptos sepan que o que mais importa sempre e a lei da oferta e a demanda, si se siguen plantando eucaliptos o prezo vai caer moi baixo e enton non van poder rendabilizar as plantacios quedando istas abandoadas a sua sorte e dicir os lunes...

2 Fumedecarozo

Xa. Europa deficitaria en madeira de trituración e celulosa. As previsións mundiais nos vindeiros 30 anos indican un incremento do 40% en derivados de celulosa(componentes de automoción, de aeronaútica, fibras téxtiles, material sanitario, material hixiénico, materiais de construcción...) E vos coa calandraca de sempre del eucalipto maaaalo, maaaalo,... Ide ao bar latricar, para o resto infórmate ou cala. E o Serafín este é un que lle mola gobernar nas terras dos outros pero seguramente estudou grazas sos pinos e eucaliptos de seu pai, como moitos de vos. Podres.

3 Elisenda en Camelot

Eu non estudei grazas ao alcalitos. Así que vou opinar: outro monte galego é posibe. Podemos vivir del coma na Selva Negra, dunha forma sostible. https://www.youtube.com/watch?v=xyy... O problema é entre a Galicia que non quere mirar ao futuro e que vive pendente das decisións de Madrí e unha Galicia que quere e ten que prever o futuro porque niso van as pensións nosas e o futuro dos máis novos. O monte galego pode ser moi rentable, pero hai moitos e moi poderosos que non queren que volo digamos. Saeme da alma dicilo porque vivo tempos amargos e temo polo futuro: Eppur si muove.

4 Elisenda en Camelot

Con respecto a Europa... Ata había dous días seguía mantendo as esperanzas. Agora xa son unha euroescéptica convencida. Unha vez máis Alemaña non sabe estar á altura das circunstancias históricas. Unha vez máis e van xa cantas. Eu cría nos Estados Unidos Europeos, coma Castelao... Agora vexo que a unión en Europa é só para mercadear. O certo é que se está a xogar unha grande partida de xadrez nun mundo que xa non é unipolar e por se non vos dades conta os europeos occidentais non a estamos a gañar... Pero vós seguide ao voso. Non permitades que a razón vos ilumine, soltade bile... Sempre igual. Que triste historia a das nosas Españas. Que triste historia a nosa confundindo España con Madrí e dando o noso apoio unha e outra vez ao centralismo. Falláchesme Europa. Pero non só a min... Son tantos xa. https://elpais.com/internacional/20...