Tags: LUME INCENDIOS
1 de 10 en GC TV seguinte

Un documental sobre a presunta trama dos lumes

A rede 'TramaLume' publica unha serie de pezas nas que analizan as consecuencias, pero tamén as causas dos incendios forestais en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compotela | 04/11/2017 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

Tres vídeos que tentan explicar as razóns dos incendios en Galicia, logo da vaga de lumes que queimou máis de 49.000 hectáreas en pleno mes de outubro. Son obra de tramalume.org, unha rede de investigación e acción comunal sobre montes e lume forestal que traballa para visibilizar os intereses que afectan os nosos montes.

Lume en Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Valaquí a serie de pezas.

#Tramalume 1 - Xose Lois Vilar sobre os Incendios Forestais

Dende o Alto de Sanomedio, na parroquia nigranesa de Camos, fala Xosé Lois Vilar, arqueólogo, historiador e membro do Instituto de Estudos Miñoranos.

Con el percorren o camiño de desolación que deixou a vaga de lumes do pasado 15 de outubro, ate chegar ao alto do monte, onde se pode contemplar unha visión global do desastre, das implicacións que ten para o rural galego e das posibles causas, políticas e empresariais de todo isto.

#Tramalume 2 - Ponte Caldelas

Os veciños de Ponte Caldelas loitaron sós contra os lumes na fatídica noite do 15 de outubro de 2017. Falan José Ángel Soares, un dos afectados, e Andrés Díaz, alcalde do Concello. Denuncian o abandono da Xunta e do 112. 

25 dos 30 núcleos de poboación do concello quedaron arrasados. O Barranco do Verdugo, de alto valor paisaxístico e ecolóxico, quedou gravemente afectado.

#Tramalume 3 - Ence, Eucalipto. Alternativas

Félix é axente facultativo medioambiental da Xunta de Galicia. Rubén traballa na Comunidade de Montes de Coruxo (Vigo) e é técnico superior de educación e control ambiental.

Ambos os dous analizan os usos e prácticas de Ence sobre as plantacións de eucaliptos no territorio galego, como afecta social e económicamente, as políticas forestais actuais e as alternativas ideais para frear o desastre.

Tags: LUME INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Non máis lumes

Queda clariño, ben clariño, que as tramas do lume estanse a xestar nos despachos, por individuos de garabata... Tanto por acción, as multinacionais, como por omisión, o goberno galego. A debilidade da sociedade civil e o abandono do rural, atacado pola falla de investimentos e a crise demográfica facilita o traballo destes desalmados. Xa se demostrou que o asasinato de Berta Cáceres fora tramado por xente deste tipo. En Galicia sucede tres cuartas partes do mesmo, por moito de que aquí as vítimas son anónimas. Son os que morreron e tamén todos nós. Porque cando o rural galego morre, morre Galicia.