O acusado de matar a golpes á súa muller en Mos (Pontevedra) asegura que a atopou morta ao chegar a casa

Fiscalía ve "elementos suficientes" para soster que o procesado golpeou á súa esposa nas costas mentres preparaba a cea

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2017 | Actualizada ás 17:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O veciño da parroquia de Tameiga no concello pontevedrés de Mos Florencio A.C., acusado de matar a golpes na vivenda familiar á súa muller, defendeu este luns a súa inocencia no xuízo con xurado que se celebra na Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra, ao asegurar que a atopou morta ao chegar a casa.

O home, de 71 anos de idade, asegurou que o día do crime, o 29 de decembro de 2015, chegou á súa casa após estar no bar de en fronte e atopoulla "tirada na o chan".

O acusado tan só quixo responder as preguntas da súa avogada defensora e explicou que ao ver á súa muller inconsciente, sen tocala, após comprobar que se atopaba só en casa, colleu o coche e foi ao cuartel da Guardia Civil de Mos.

Segundo sostivo, non chamou ao 112 nin aos servizos médicos porque "nese momento" quedou "bloqueado". "E só pensei en ir á Guardia Civil", dixo, xa que foron os propios axentes os que chamaron á ambulancia.

"ELEMENTOS SUFICIENTES"

A fiscal da causa, Patricia Andreu, considera que hai "elementos suficientes" para soster que Florencio A. entrou esa noite na casa familiar após estar toda a tarde nun furancho e un bar e golpeou á súa esposa nas costas mentres preparaba a cea na cociña.

Segundo o relato do Ministerio Público, ela caeu ao chan e "seguiu golpeándoa repetida e insistentemente", dándolle "polo menos tres golpes na cabeza", todo "sen que Marina puidese defenderse nin tampouco pedir axuda".

Fronte a esta acusación, a defensa do acusado mantén que non existe "ningún vestixio, nin sequera un indicio nin moito menos proba concluínte" de que o autor do brutal crime fose o seu cliente e alega tamén que durante a instrución desta causa produciuse unha "vulneración dos seus dereitos fundamentais".

O fillo maior do acusado e a vítima, de 47 anos e que vivía con eles, non quixo declarar no xuízo e o menor, de 42 e que apenas tiña relación cos seus pais, non puido achegar datos sobre o día do crime.

A Fiscalía e a acusación popular, que exerce a Xunta de Galicia, consideran que Florencio A. é autor dun delito de asasinato polo que piden unha pena de 22 anos de prisión e a prohibición de residir no domicilio do crime e no municipio de Mos durante os 27 anos seguintes, así como indemnizacións por un total de 75.000 euros.

O home ingresou en prisión preventiva o 31 de decembro de 2015, dous días despois do crime, pero atópase en liberdade desde febreiro de 2017.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta