Haberá, por fin, un gran pacto contra os incendios forestais?

Feijóo propón unha comisión específica para abordar a política contra os lumes días despois de opoñerse a propostas semellantes da oposición. En Marea e PSdeG non rexeitan participar neste novo órgano parlamentario, pero reclaman que teña consecuencias políticas e que dimitan os principais responsables do caos das emerxencias e da política forestal durante a vaga do pasado 15 de outubro. O BNG acusa ao presidente galego de "tomar a cachondeo" o Parlamento.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/11/2017 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

Preto de 1.700.000 hectáreas arderon nos últimos 32 anos en Galicia en máis de 155.000 incendios. De feito, Galicia encabeza, ano tras ano, as cifras de lumes no conxunto do Estado e, cíclicamente, se producen grandes episodios de incendios. Aconteceu no 1989, con Laxe de presidente, con máis de 200.000 hectáreas queimadas; no 1990, con Fraga, con máis de 60.000 hectáreas; no 2006, con Touriño, máis de 80.000 e este 2017, con Feijóo, case 50.000 hectáreas nunha fin de semana.

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

O problema dos lumes é un problema endémico en Galicia. Foi a única gran coincidencia á que chegaron este martes no Parlamento galego logo de case tres horas de debate monográfico sobre o acontecido durante a fin de semana do 15 de outubro. Esa, e o amago de chegar a outro acordo para activar unha comisión parlamentaria que aborde a política contra os incendios forestasis.

Unha proposta de comisión que fixo o BNG pola súa conta, logo o PSdeG e En Marea, e que agora tamén retomou o presidente da Xunta. De feito, ese foi o gran anuncio que realizou este martes na Cámara Alberto Núñez Feijóo; unha comisión na que, ademais, presentará 30 medidas en materia de prevención, ordenación e dinamización socioeconómica.

Problema de país

E será desta volta cando todos os grupos políticos se poñan de acordo nun gran pacto contra os incendios forestais?. Ata o momento, e logo de que media Galicia teña ardido en anos sucesivos, non houbo ningún intento serio de asumir os lumes como un problema de país e tentar facerlle fronte cun pacto de país.

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Un pacto que demandaron os voceiros de En Marea e do PSdeG, Luís Villares e Xaquín Fernández Leiceaga, que, ademais, destacaron que sexa agora Feijóo quen asuma a súa proposta de comisión. Con todo, reclamaron que neste órgano parlamentario participen técnicos acreditados e que se asuman as responsabilidades pertinentes, entre elas, dimisións pola nefasta xestión da vaga de lumes de outubro. Entre esas peticións de dimisión; a dos conselleiros de Presidencia e de Medio Rural, Alfonso Rueda e Ángeles Vázquez, e a dos directores xerais de Emerxencia e Medio Rural.

"Estamos dacordo en falar para poñer en marcha medidas concretas e consensuadas para tentar poñerlle couto a esta situación", dixo Leiceaga. Pero, tamén foi contundente; "haberá que dar cumplimento á esixencia de responsabilidades políticas, senón non será crible".

"Ten que haber dimisións, e senón son a dos conselleiros, terán que ser a dos directores xerais porque está claro que algo non funcionou ben", apuntou Villares que dixo que o seu grupo está a favor de abordar na Cámara as  medidas para afrontar a política forestal. De feito, dixo que asumía algunhas das propostas presentadas por Feijóo, pero reclamou un gran pacto nacional polo territorio.

"Os galegos están agardando que as traxedia nos una. E isto non supón omitir críticas á Xunta, pero tamén é certo que temos un sistema de loita contra os lumes excepcional e só hai que ver o de Portugal para ver o que temos", respondeu Feijóo que presentou unha batería de 30 propostas para tentar mellorar a situación.

As propostas de Feijóo

As iniciativas presentadas polo presidente galego para un acordo forestal pasan por: colaboración entre Xunta e concellos para financiar a limpeza dos montes, garantizar que o 100% dos concellos teñan bombeiros ou brigadas, un mando único para todos os servizos de emerxencia ou facilidades para actuar en parcelas abandonadas.

Tamén a incorporación cautelar ao Banco de Terras de parcelas con propietario descoñecido, falecido ou ilocalizable e dos montes veciñais e en man común abandonados, mobilización das terras abandonadas para polígonos agrarios ou requisitos máis estritos nas faixas de protección. Ademais, campañas de sensibilización na educación obligatoria, plans de ordenación nos 19 distritos forestais, axudas para ordenar o monte, mellorar as zonas de pastoreo, reestruturación parcelarias, programas de formación e emprego silvícolas, equipos forestais de investigación e vixlilancia, rexistro de investigación de incendios ou redes de vixiancias forestais con cámaras de videovixilancia.

Críticas da oposición

Con todo, Feijóo evitou en todo momento da súa intervención ser autocrítico co caos da vaga de incendios, o que provocou o enfado e a recriminación da oposición. Neste sentido, a voceira do BNG denunciou a súa autocomplacencia e dixo que Galicia arde polas "políticas pirómanas" do PPdeG.

Ademais criticou o actual modelo forestal e acusou a Feijóo de ser un "soberbio e un prepotente" e de "tomar a cachondeo a Cámara". A súa proposta, dixo, é protexer vivendas e infraestruturas, por freo ao eucalipto, poñer en marcha o Pladiga o primeiro trimestre de cada ano, un mando único e potenciar o 112 e o servizo de bombeiros.

Pola súa banda, Leiceaga criticou ao presidente galego por insistir na trama incendiaria cando "ninguén, ata o momento, puido certificalo" e foi tamén duro coa actual política de ordenación forestal. Así, reclamou un mando único, a potenciación do Pladiga, máis medios e unha maior organización dos servizos de emerxencia para evitar novas traxedias.

Luís Villares, a pesar de sumarse a esa comisión, foi tamén moi crítico e denunciou a "incompetencia" de Feijóo e do seu executivo na vaga de lumes. "Foi máis alá da incompetencia e mesmo incorreu na malicia", dixo, "por usar os medios públicos en beneficio propio e manipulalos". Tamén, ao igual que Leiceaga, negou que existan tramas ou terroristas incendiarios.

Finalmente, Feijóo insistiu na súa tese de que os que prenden os lumes teñen que ser considerados como terroristas, a pesar de que a Fiscalía, se opón a esa medida. "Veremos que propoñemos no cumio que manteremos ao respecto os gobernos de Asturias e Castela e León", advertiu.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Alberte

Sí. Haberá pacto. A oposición, BNG e PODEMOS, ganhará as vindeiras eleccións por maioría absoluta. Pecharán ENCE. Oferecerán cultivos prósperos e axuda pública para encetar a sementalos e para coidar o monte. E todo voltará á normalidade. A partires de aí, haberá moi poucos incendios no país. Pero témome unha cousa. Os provincianos da posguerra e os aldeanos en particular voltarán a darlhe á maioría absoluta ao PP e BNG máis PODEMOS seguirán a estar na oposición por século-seculorom. E mentres tanto a emigración será a única saída para non misturarte con anormais. Pero anormais tanto do BNG, como de PODEMOS, etc. Por certo, o insigne sindicalista NACIONALISTA Manuel Mera chamábalhe "embellecemento" á "avelhantamento". Así un non pode ir a ningures con ninguén. Si el non sabe escribir en galego que faremos os demais...

1 Alberte

O que demostra Manuel Mera ao escribir tendo eses erros tan evidentes para calquera que lera algún libro en galego, é que utiliza o "galego" para os seus fins particulares. Non porque lhe importe. Impórtalhe unha merda.

2 Razamondelle

Erras no de identificar aldea con PP. Un prexuizo ou preconceito demasiado abondoso de certa progresía carente de información. Imos ver, no rural votan PP igual que nas vilas e cidades (si, xa sei que o sabedes mais non o decides en alto, tamén nas cidades votan moito PP). Acontece --cono ben sinalas-- que, a maior avellentamento, os votos dos herdeiros do franquismo aumentan. Logo non é un problema de ser rural, senón de idade. E hai concellos moi rurais que non votan PP. E non persistan en caer na trampa de pensar que no PsoE son máis progres, tampouco outros que pactan cos anteriores, e insistir que a culpa é dos que somos da aldea.

4 Lozano & Lores SLU

Igual PPsoE que BNG e Mareas. Concordo en pedir demisión do figura Rueda, da impostada de Medio Rural e da ausentada en campaña municipal de Ambiente, e do presidentiño que coordena o desgoberno. Agora ben, hai otros responsables: os alcaldes que non fixeron cumprir a lei (desde 2012 xa choveu, e cando menos levan dous anos e catro meses no poder). Repito, igual en Muiños, en Verín, nas Neves ou en Salceda. Igual deixadez, ou non incomodar a potenciais votantes. O resultado está á vista. Se foran decentes, pedirían perdón, asumirían responsabilidades, demitindo e pagando do seu peto os danos ocasionados pola súa nefasta xestión.

3 Ata os eggs

A Lei de Montes que fixa as distancias do arborado a núcleos de poboación e vías de comunicación leva en vigor dende o 2012 (cinco anos por se alguén non se decata) e nese tempo ningun concello nin do BNG, nin do PSOE nin do PP, fixo por cumplila. A prohibición de plantar especies forestais en terreos agrícolas dende o 2006. A prohibición de forestar con eucalipto en zonas de frondosas dende o 2012. A obrigatoriedade de executar a limpeza de biomasa en terreos circundates a núcleos e zonas a menos de 440 metros do monte dende o 2007. Para aqueles listos que descubriron o monte paseando e non vivindo del que non veñan dar leccións. E en cando ao eucalipto, ata os coll... de esoitar paias... e ignoran... dicindo falsedades e agorismo de destrucción masiva. XESTIÓN non PROHIBICIÓN, e menos sendeirismo e sofá e máis monte, osti...

1 Elisenda en Camelot

Niso algo de razon tes pero teñen que ser a Conselleria e os concellos os que vixien e fagan cumprir a lei. Despois de duas ou tres talas de arbores que incumpren a lei xa verias ti coma algo comezaba a cambiar.

2 Gamela

Levas moita razón, agora todos andan a falar de TALAS MASIVAS e eu me pregunto se talamos tódalas árbores a 50 metros de calquera casa en Galicia imos quedar convertidos nun DESERTO en menos de 20 anos !!! XESTIÓN non PROHIBICIÓN !!!

2 dimisión do xefe do 112

Vai ou non vai dimitir o "xefe do 112" RUEDA VALENCIANO o conselleiro que deixou pudirir a emerxencia durante 12 horas, que abandonou o seu posto que non fixo o que tña que facer, que non atopaba a polla entre os calzons para poder mexar no medio das lapas dos luMes - ONDE ESTABA O CENTRO DE CONTROL E MANDO??? que pasou nesas 12 horas onde a Galiza estivo abandoada a sua sorte??? como se poden ocultar ducias de milleiros de hectáreas queimadas, como se pode engaNar a si o pobo, como se poden deixar abandoadas a milleiros de persoas nos pobos, nas ciudades como Vigo, como poden quedar os conductores abandoados nas estradas e incluso no túnel na Cañiza... o que fixo foi moito e non dimite???

1 mariñeiro

Para empezar, o primeiro é retirarlle a prórroga a ENCE. Esta empresa dirixida por xente do PP non pode seguir marcando a política forestal e emporcallando o país. Buscarlle unha solución aos traballadores. Despois haberá pacto.