Polémica pola participación dunha actriz porno nas xornadas de igualdade e violencia de xénero de Ames

Pacto x Ames, creada por escindidos do PP, critica a elección de Amarna Miller porque, din, "está lonxe de representar o que significa a loita do movemento feminista".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2017 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A elección da actriz porno Amarna Miller para participar o próximo día 16 nas xornadas de igualdade e prevención da violencia de xénero que promove o Concello de Ames (A Coruña) suscitou a polémica.

Amarna Miller.
Amarna Miller.

En concreto, a formación local Pacto x Ames, creada por escindidos do PP, sostivo que non é "a persoa máis adecuada para falar dun tema tan serio e transcendente". "Non é o mellor modelo de feminismo para ofrecer á sociedade", recalcou a través dun comunicado.

E é que, ao seu xuízo, o cinema porno "representa o patriarcado capitalista máis rancio" e inspírase en "todo o contrario ao que significa a igualdade e a prevención da violencia" contra a muller.

"Está lonxe de representar o que significa a loita do movemento feminista", salientou Pacto x Ames, que sitúa as "prioridades" na "igualdade efectiva dos salarios" de homes e mulleres, o "traballo digno" para elas, a "conciliación" e a "igualdade de oportunidades".

Ademais, sostivo que o feito de que Amarna Miller elevase a voz en máis dunha ocasión para expresar a súa simpatía por Podemos evidencia que o PSOE á fronte do goberno amesán "vólvese pregar ao sector máis radical" da formación morada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Canta hipocrisía

Non entendo. A postura da "poñente" queda moi clara na fotografía ilustrativa. Comprarlle as películas, os libros ou pagarlle por vir dar "conferencias" vai axudar a erradicar a violencia. ¿Qué preferían a Nacho Vidal?