Freixanes recomendalle a Fernández Paz que "acepte as regras de xogo"

O director xeral de Galaxia asegura que os Premios da Cultura Galega son "institución dun país" e recomenda "atopar espazos" para evitar rexeitamentos como o protagonizado por Paz e a asociación de defensa da lingua, Prolingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2010 | Actualizada ás 00:16

Comparte esta noticia

Victor Fernández Freixanes foi claro e contundente cando se lle preguntou polo rexeitamento do premio da Cultura Galega das Letras por parte de Agustín Fernández Paz. "Temos que atopar espazos e, con máis ou menos entusiamos, temos que aceptar as regras de xogo común, porque a sociedade somos todos", aseverou.

Nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega, Freixanes dixo estar agradecido pola concesión, a Galaxia, do premio da Cultura Galega de Promoción Cultural e instou a Fernández Paz a "aceptar as regras de xogo" e a non rexeitar premios cando "os nosos non están", en alusión ao bipartito.

Así, e a pesar de gabar a súa "coherencia" ao manter esta postura, que espresou hai uns meses a través de Prolingua, tal e como recollemos en GC, o editor suliñou que Galicia ten as súas "institucións" e que estes premios "tamén son institución dun pais". "Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", espetou, tal e como se pode escoitar neste corte:

None

 "Non aceptar ningún premio"

O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o pasado 8 de outubro o  Premio da Cultura Galega das Letras a través dun comunicado da plataforma ProLingua no que, baixo o lema ‘Rosalía de Castro nunca aceptaría este ‘premio”, facía un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ”Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato”, se di no documento.

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galegas ProLingu ten máis de 2.000 sinaturas entre as que están as de xente como Helena Villar Janeiro, Antón Reixa, Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e Cesáreo Sánchez Iglesias, entre outros, xunto a do propio Agustín Fernández Paz. A plataforma fixo público un manifesto no que reprochaba á Xunta as súas políticas lingüísticas e animaba aos seus simpatizantes a rexeitar os novos Premios da Cultura.

”Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura Galega, manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega”, sinalou a plataforma para rexeitar estes premios. ”Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia”. Precisamente, a isto se remitiu Fernández Paz para rexeitar o seu galardón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

38 lula

O señor Freixanes parece non entender o significado da palabra dignidade. Non lle chega nin á sola do zapato a Agustín Fernández Paz. Sinto vergoña de ler as súas palabras, sabendo como sabe a gravidade das medidas contra o galego que está a tomar un goberno que se envergoña do galego que, lonxe de mostrar orgullo pola súa lingua e cultura, nos denigra a todos impoñéndonos como conselleiro de cultura a un señor que non sabe nin nomear unha vila como Sobrado dos Monxes, ou un conselleiro de educación que desexa o retroceso dunha lingua que, a duras penas, trata de sobrevivir. Non teño que contarlle a Freixanes o que sabe, e por iso é máis indignante, porque fala con coñecemento de causa. Na miña terra, con perdón, a isto chamámoslle ser un "lambecús"

37 Alberto Garoña

Freixanes está facendo méritos para que o nombre director da CRTVG.

36 rulfo

BOICOT A GALAXIA!

35 Galicia Confidencial

Insistimos en que non insinuedes se non tedes probas. As acusacións ou insinuacións teñen que estar probadas e fundamentadas. Así que evitadeas, por favor.

34 Inocencio Garcia

Nós, os adaptados, os que lle lambemos as partes ó poder, sexa este bipartito ou uniparito, os que traficamos coa boa fe e vontade da xente para aparecer como o que non somos, os que loitamos únicamente para aumentar as nosas contas, Nós, os que nos parapetamos en instuticións con prestixio para enriquecernos vendendo a Galicia, prostituinDo a sua cultura e se é necesario intimidando aos díscolos como Agustín. Nós comunicamosvos que facemos todo esto porque somos deuses, pero modernos que en vez de ambrosía necesitan euros, e que sería, pensadeo, de Galicia sen o seu panteón de Deuses?. Adorade a Ferrín, a Freixanes, a Villares...faredeslle moito ben a Galicia.

1 ADM

Ferrín aplaudiu a decisión de Agustín.

2 ximnico

Ferrín aplaude todo, acepta todo, toliño como está por ser un nobel.

3 Alfonso García

Aceptar o Fernández Latorre é igualiño que aceptar o que rexeitou Agustín Fernández Paz. Boicoz e boicot a Galaxia, xa!