Feijóo propón "galeguizar España" para superar o Estado das Autonomías

O presidente galego di que España "debe mirar a Galicia" como "antes miraba a Cataluña". Tamén di que Ouresen foi o "primeiro pobo global".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2017 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo que España debe "galeguizarse" como vía para "superar as incertezas" existentes hoxe en día sobre o Estado das Autonomías. "Creo que se antes España miraba a Cataluña como modelo autonómico, agora ten que mirar a Galicia", apostilou.

Fotos Xunta. Premios Ourensania
Fotos Xunta. Premios Ourensania | Fonte: Europa Press

O titular do Goberno galego pronunciou estas palabras durante a súa intervención na gala de entrega do premio 'Ourensanía', que outorga a Deputación de Ourense e que este ano recaeu no exportero do Real Madrid e da Selección Española Miguel Ángel.

Así, destacou que os galegos e os ourensáns constitúen "o primeiro pobo global", xa que foron "pioneiros no uso do poder brando" que, segundo Feijóo, consiste en "influír mediante a empatía, os valores e a cultura". "O reverso da ourensanía son as ideoloxías que buscan a división en razón de raza, do credo, da clase social, da bandeira ou da lingua", indicou.

MIGUEL ÁNGEL, 'OURENSANÍA'

O ourensán Miguel Ángel, nacido no barrio do Couto en 1947, foi recoñecido co premio 'Ourensanía' deste ano por ser "un dos deportistas que conseguiu máis altas cotas de recoñecemento na historia do fútbol español", segundo sinala o fallo do xurado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

O gardarredes, alcumado 'O gato', defendeu a portería do Real Madrid durante 19 anos nos que disputou 346 partidos coa camiseta branca. Ademais, tamén foi convocado en numerosas ocasións coa Selección Española, coa que actuou de titular no Mundial de 1978, que tivo lugar en Arxentina.

O acto de entrega do premio estivo presentado polo xornalista Juan Maceiras e contou coa presenza de diferentes personalidades do ámbito do deporte, como os exfutbolistas Emilio Butragueño, Juan Señor ou Francisco 'Lobo' Carrasco.

2018, ANO DO ESCRITOR 'BEN-CHO-SEY'

Así mesmo, o xurado do premio decidiu declarar 2018 como ano dedicado ao escritor Xosé Ramón Fernández Oxea, coñecido como 'Ben-Cho-Sey', do que se cumpren 30 anos do seu falecemento.

"Mestre e etnógrafo de referencia para moitos profesionais do ámbito da pedagoxía e da antropoloxía, o seu obrigado desterro en Madrid converteuno nun verdadeiro embaixador da cultura galega na capital", destaca o xurado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Queile

Xa levan os franquistas novos e vellos oitenta anos no poder e non paran de "galeguizar España"mandando aos galegos e galegas á emigración a Madrid, Cataluña, Euskadi ou onde sexa con tal de que marchen fóra do seu país! Basta xa de asoballamento, de caciquismo e de miseria!