Como frear o cambio climático desde o rural

Distintas conferencias abordan como o cambio climático afectará á gandeiría, ao agro ou os montes galegos e as alternativas ou medidas para facerlle fronte.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/11/2017 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Lugo acolle toda esta semana unha serie de conferencias sobre a importancia do agro para controlar o cambio climático. Baixo o título O cambio climático e o sector agrario en Galicia, estas xornadas tentan dar resposta e alternativas a este gran problema medioambiental.

Temperaturas, calor, verán, termómetro
Temperaturas, calor, verán, termómetro

As conferencias, organizadas pola Deputación de Lugo e Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Universidade de Santiago, comezaron este luns coa intervención do profesor Antonio Rigueiro que presentou o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, que lidera o Concello de Lugo, xunto coa Deputación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Politécnica de Madrid.

obxecto principal deste proxecto é a realización de accións de desenvolvemento sostible que contribúan a frear o cambio climático, como o acondicionamento dunha parcela de cultivos para producir biocombustibles, a construción dun edificio piloto en madeira con consumo enerxético cero, ou o deseño dun catálogo de solucións de deseño urbano para axudar a frear o cambio climático.

As charlas previstas, todas no Salón de Actos da Deputación, ás 19:30 horas, serán de acceso libre ata completar aforo. Este martes é a quenda da conferencia “Evolución do clima en Galicia. Evidencias e escenarios de futuro”, polo Catedrático xubilado do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e Académico, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

As seguintes son:

- Día 15: “Cambio climático e agricultura en Galicia”, polo enxeñeiro agrónomo e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da USC, Francisco Sineiro García.

Temporal en Meirás
Temporal en Meirás

- Día 16: “Cambio climático, gandería e sanidade animal en Galicia”, polo Catedrático do Departamento de Patoloxía Animal da USC e Académico, Pablo Díez Baños.

- Día 20: “Cambio climático e produción forestal en Galicia”, polo Catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Roque Julio Rodríguez Soalleiro.

- Día 21: Mesa redonda “O cambio climático e a biodiversidade” moderada por Antonio Rigueiro Rodríguez, coa participación do profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Manuel Antonio Rodríguez Guitián; o profesor do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC, Augusto de Castro Lorenzo; e o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz.

- Día 22: “Estratexia galega de cambio climático e enerxía”, pola Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta