Génesis Seguros pide desculpas por negar documentación en galego a un cliente

A aseguradora recoñece o erro e o dereito dos clientes a recibir a documentación da súa póliza na lingua oficial de súa elección.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Un día despois de facerse pública a denuncia, Génesis Seguros recoñecer o erro e pide desculpas por negar a un cliente a posibilidade de recibir documentos en lingua galega.

Protesta de Queremos Galego.
Protesta de Queremos Galego.

A empresa aseguradora iniciou unha acción comunicativa tras a denuncia formulada pola Mesa pola Nornalización Lingüística por "negarse a facilitarlle a póliza a un cliente en lingua galega, contrariando o que a lexislación vixente estipula". Esta denuncia foi realizada grazas á Liña do Galego, servizo gratuíto para consultas, queixas e parabéns relacionadas cos dereitos lingüísticos.

Este martes, o servizo de axuda en liña en Génesis Seguros comezou unha acción de resposta masiva en redes sociais a todas aquelas mensaxes coa denuncia feita pola Mesa e publicada en Galicia Confidencial e outros medios.

A resposta da aseguradora é a seguinte:

"Nuestros clientes tienen derecho a recibir la documentación de su póliza en la lengua oficial de su elección. Pedimos disculpas a nuestro cliente por indicarle erróneamente que no podíamos enviarle la póliza en gallego y trabajamos para que la reciba a la mayor brevedad. Gracias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Freixo

Excremências supremacistas e imperialistas espanholas entrando a comentar: 5,4,3,2,1...

1 xa me tardan...

...pero aparecerán. Todos recoñecemos o seu activismo heroico na súa campaña contra a abafante "imposición del gallego"...

2 unmais

Non hoxe non aparecen, cando dan una noticia que é de caixon, como que o que paga manda, están calados coma petos