EU ve "francamente escasa" a indemnización fixada polo 'Prestige' e volve esixir responsabilidades políticas

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, considerou que a indemnización de 1.600 millóns de euros fixada pola Audiencia Provincial da Coruña polo 'Prestige' é "francamente escasa" e lamentou que "15 anos despois" da catástrofe os responsables políticos sigan se asumir as súas "responsabilidades".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2017 | Actualizada ás 14:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, considerou que a indemnización de 1.600 millóns de euros fixada pola Audiencia Provincial da Coruña polo 'Prestige' é "francamente escasa" e lamentou que "15 anos despois" da catástrofe os responsables políticos sigan se asumir as súas "responsabilidades".

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, en roda de presa
A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, en roda de presa | Fonte: Europa Press

Preguntada respecto diso nunha rolda de prensa celebra este xoves, a líder de Esquerda Unida lamentou que os políticos que tiveron responsabilidades durante a marea negra "saísen impunes", como o caso do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

"Existían unha serie de responsabilidades a nivel legal que parece que non están a responder ao impacto que tivo a catástrofe pero, ademais, non se vencella aos responsables políticos que saíron impunes", lamentou a tamén deputada de En Marea.

Na súa intervención, tamén lembrou que a contía que marca a Audiencia Provincial coruñesa é un terzo da que pedía a Fiscalía polo que, na súa opinión, a cifra "non satisfai o impacto económico e ambiental" que causou o afundimento do petroleiro que verteu 63.000 toneladas de fuel fronte ás costas galegas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta