A Policía Autonómica identifica a 82 persoas e realiza catro actas de infracción por venda de alcol a menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 13 e 19 de novembro 232 inspeccións de control en 52 dispositivos para velar polo cumprimento da lei de prevención de bebidas alcohólicas a menores en 25 concellos galegos. En concreto, foron identificadas 82 persoas e inspeccionadas 232 zonas de lecer, locais e centros comerciais.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 16:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 13 e 19 de novembro 232 inspeccións de control en 52 dispositivos para velar polo cumprimento da lei de prevención de bebidas alcohólicas a menores en 25 concellos galegos. En concreto, foron identificadas 82 persoas e inspeccionadas 232 zonas de lecer, locais e centros comerciais.

Segundo informa a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado de prensa, nestas inspeccións realizáronse catro actas de infracción, todas elas por venda de alcol.

A Policía Autonómica realizou a semana pasada 52 dispositivos de control de menores en risco de desamparo nos concellos da Coruña, A Guarda, Allariz, Ames, Arteixo, Baños de Molgas, Castrelo de Miño, Esgos, Lugo, Maceda, Maside, O Carballiño, Ordes, Ourense, Paderne de Allariz, Pontevedra, A Pobra do Caramiñal, Redondela, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Santiago, Taboadela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da lei galega de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo entre os máis novos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta