Un informe do CSIF avala a recuperación do salario total dos funcionarios suspendido en 2010

Este sindicato subliña que o estudo é contudente tamén para derrogar a lei que precariza as condicións laborais dos traballadores públicos desde 2012.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Un estudo presentado polo CSIF avala a recuperación dos acordos retributivos dos empregados públicos suspendidos en 2010, así como a mellora das súas condicións laborais. O informe reflicte que a boa marcha dos indicadores económicos que, segundo a central sindical, “anulan as causas graves de interese público” argumentadas pola Xunta para “minguar dereitos e salarios”.

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

A investigación presentada por CSIF analiza a evolución do Produto Interior Bruto real de Galicia e do Aforro Primario dos orzamentos, que son as variables que contempla a lei pola que se conxelou o salario dos funcionarios.  No devandito estudo, o sindicato destaca a evolución positiva de ambas as magnitudes, chegando o PIB a unha taxa de crecemento do 3,4 en 2016, dúas décimas máis que a media española, mentres que a media anual de crecemento entre 2012-2014 foi do 2,4%. Este ano 2017 segue a tendencia dos anteriores, cunhas taxas de variación interanual do 3.1% no primeiro trimestre do do 3,2% no segundo.

 

O informe, que se sustenta tanto en datos do INE, do Consello de Contas de Galicia, como da propia Consellería de Facenda, indica que o Aforro Primario, é dicir, a diferenza entre o que ingresa a Comunidade e o que gasta sen ter en conta o custo da débeda pública, pasou dos 135 millóns en 2012 a 512 en 2015 e a 719 millóns en 2016, é dicir, multiplicouse por seis cubrindo amplamente os custos financeiros.

Por iso, para CSIF, “o Goberno da Xunta, antes de vangloriarse dos seus éxitos económicos, debería de devolver aos seus empregados todo o que aínda lles debe”. Así, considera que estes datos reflicten de maneira nítida que xa  non concorren causas graves de interese público que xustifiquen o mantemento destas medidas polo que pide  a súa derrogación nos orzamentos de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta