Temas: XACOBEO XUNTA

A Xunta impulsa a creación dunha academia para fomentar o espírito xacobeo

O seu obxectivo é fomentar e coordinar o estudo e divulgación do fenómeno Xacobeo en todas as súas vertentes. A Xunta non informou do custo nin do persoal que destinará a este novo "chiringuito".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/11/2017 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu xa luz verde á creación da Academia Xacobea. O novo órgano --ou "chiringuito" en palabras dalgúns deputados-- comezou a súa xestación a finais do ano 2015 coa finalidade de fomentar e coordinar o estudo e divulgación do fenómeno xacobeo en todas as súa vertentes.

Presentación dun acto do Xacobeo
Presentación dun acto do Xacobeo | Fonte: xunta

Por iso, nos seus fins establécese que promoverá a investigación do Camiño de Santiago, así como tamén difundirá os valores universais que lle son propios, sempre actuando dentro dos principios de lealdade e colaboración con outros órganos con competencias na materia.

Así, entre outras actividades, encargarase de organizar reunións, simposios, foros e xornadas; promover publicacións; crear premios, bolsas e distincións; establecer relacións de reciprocidade con entidades con fins análogos; subscribir convenios ou acordos de colaboración co entidades do ámbito universitario ou investigador; e promover o mecenado do sector privado para a realización de actividades da Academia.

O organismo -que terá como ámbito de actuación a comunidade galega, con domicilio en Santiago de Compostela- estará integrada por un máximo de trinta académicos de número e académicos correspondentes; así como dos académicos de honra que se designen. A Academia quedará adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e está suxeita ao principio de transparencia na súa xestión, e por iso, elevará anualmente unha memoria coa información relativa á xestión económica, ou acordos subscritos.

A Xunta non informou do custo que terá este nóvo órgano, nin os funcionarios que traballarán nel, nin o diñeiro que terán a súa disposición os académicos que formen parte do mesmo.

Temas: XACOBEO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 ano nimo

El chiringuito, el chiringuito.... Georgie Dann estaría orgulloso do "austero" Feijoo.

3 anonimo

O que nos faltaba...isto sí que é un chiringuito dos bos...e mentres a subastar os xacementos paleolíticos...qué vergoña de país...

2 Abraiado

Este non era o que ia acabar cos chiringuitos?

1 Luis Ferrolán do Pico

Academia para fomentar.....outra larpeirada...de estes lambóns do Goberno Autónomo Bó proveito ,rábulas ..e fan vd. bén.....dos analfabetos, comensales e do porco ...se aprobeita. todo..todo...Bo proveito..