Unión contra a megadepuradora que arrasará un dos poucos bosques autóctonos de Santiago

Catro colectivos ecoloxistas e a Plataforma pola recuperación do río Sar decántanse por trasladar esta construción a outro emprazamento pola gran afectación que terá na flora e no patrimonio cultural e natural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Os grupos ecoloxistas Adega, Amigos da Terra, Verdegaia, Sociedade Galega de Historia Natural, ademais da Plataforma pola recuperación do río Sar, emitiron un posicionamento conxunto sobre o emprazamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Santiago no que rexeitan por completo a localización actual, no Souto, e decántanse por situar as novas instalacións no mesmo lugar que ocupa a infraestrutura actualmente, na Silvouta.

As cinco entidades ecoloxistas coinciden na absoluta necesidade de que Santiago conte cunha EDAR nova que permita eliminar as verteduras contaminantes ao Sar, pero advirten que a nova depuradora debe de ter unha mínima afección tanto á vexetación, a flora e a fauna como á paisaxe e ao patrimonio natural.

Por iso consideran que, ante a dicotomía entre A Silvouta ou O Souto, a primeira é unha mellor opción, xa que a segunda conta con interesantes formacións boscosas que se porían en perigo. Ademais, as obras terían maior impacto ambiental e xerarían máis gases de efecto invernadoiro, sosteñen.

Afectación de bosques autóctonos

De feito, no Souto existe un dos poucos bosques autóctonos galegos da comarca de Santiago, ademais de elementos patrimoniais, como petróglifos e mesmo unha ponte medieval, a de Pontecarbita, que sufriría o impacto das obras.

As entidades conservacionistas alertan de que o río Sar leva décadas soportando unha depuración "absolutamente deficiente" porque a EDAR de Santiago está "obsoleta". Unha situación que, advirten, mingua o potencial ecolóxico dunha canle fluvial que, por non contar con aproveitamentos hidroeléctricos de relevancia, podería acoller unha importante fauna piscícola da que actualmente carece.

O posicionamento conxunto das cinco entidades naturalistas coincide coa recente admisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dun recurso contra a construción da depuradora en O Souto. Precisamente, a Plataforma do Sar convocou xa aos veciños de Bertamiráns (Ames) a un acto no Pazo dá Peregrina para explicarlles as consecuencias desta decisión.

Proxecto da megadepuradora que se quere construír no Souto, en Santiago, cunha gran afectación a un bosque autóctono ao pe do río Sar
Proxecto da megadepuradora que se quere construír no Souto, en Santiago, cunha gran afectación a un bosque autóctono ao pe do río Sar | Fonte: iaqua.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Villaverde

Segun teño entendido en esas depuradoras se intenta depurar as augas do rio Sar por que santiago non canaliza as aguas fecales ata a depuradora. A miña pregunta e . Que clase de i d i o t a contamina un Rio y despois uns kilometros mais abaixo intenta depuralo? Eso e imposible as augas hay que depuralas antes de vertelas o rio non despois .. por certo o que moitos non saben e que a actual depuradora a apagan po la noite para reducir costes por eso ese cheiro inaguantable po las mañans

3 Eu mesmo

A depuradora vella está ao carón dun colexio do Opus Dei. Non prexulgo. A nova está perto dunha ponte histórica e dunha vella fábrica que son do concello de Ames. O monté é do mellor conservado de todo o Concello de Santiago. Haberá máis de 25 anos que non arde. Deberían poñela tras da papeleira de Vidán. Hai sitio abondo e ben comunicado!!!

2 José

A boas horas, chegan tarde. Mentres gobernaban e cociñaban outros non dixeron nen pío

1 A verdade

Será polo autóctono ou será porque no Souto está máis preto de Aldea Nueva? Non lle gusta o cheiro a estés new ecoligist e prefieren que o papen los de laldea?

1 Alguén

¿Cos de A Aldea refíreste aos da Silvouta? Os cheiros non os ten porque papar ninguén, si se fai unha EDAR como a de Ourense, pechada por completo, e non como a que tiñan proxectada para Compostela, aberta e de fangos.