Temas: NEVE OURENSE

Manzaneda rexistra a temperatura mínima de Galicia, con -4,6ºC

Nos próximos días volverán descender os valores mínimos e regresarán as xeadas xeneralizadas pola ausencia de nubes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2017 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

As temperaturas mínimas recuperáronse lixeiramente na xornada deste venres en Galicia, na que Manzaneda (Ourense) rexistrou o valor máis baixo, con 4,6 graos baixo cero. Para os próximos días espérase que volvan descender os valores mínimos pola ausencia de nubes e regresarán as xeadas xeneralizadas.

Frío en Galicia
Frío en Galicia | Fonte: Europa Press

Así o explicou a Europa Press María Souto de Meteogalicia, quen destacou que este venres a provincia de Ourense rexistrou as temperaturas máis baixas da Comunidade galega, con valores como catro graos baixo cero en Carballeda de Valdeorras, e -3 en municipios como Verín, Leiro e Calvos de Randín --que na xornada de xoves había roazado os -9ºC--.

As mesmas fontes destacaron que na noite do xoves e mañá deste venres as choivas no catro provincias, aínda que escasas, fixeron que non as temperaturas non fosen tan frías como na xornada anterior. Aínda que na provincia de Ourense houbo valores negativos, na Coruña en Ordes este venres a mínima quedou en 0,8, mentres que na de Lugo, a capital rexistrou un grao fronte aos -3 do xoves.

NEVE E CHOIVAS

En canto á neve, este venres afecta en especial á montaña de Lugo, a zonas como Os Ancares e O Cebreiro. Segundo as predicións de Meteogalicia, a cota de neve, que se sitúa no mil metros, pode baixar aos 800 ao final do día. Así, acumuláronse entre un e dous centímetros de espesor.

Mentres, na montaña de Ourense, aínda que fai frío para nevar, apenas chegou porque non hai precipitacións e os copos caídos "son pouco significativos". No que respecta ás choivas, na mañá deste venres chove nas catro provincias galegas, aínda que nas de Ourense e Pontevedra é pouca cantidade --entre un e dous litros por metro cadrado--, mentres que as da Coruña e Lugo son máis xeneralizadas as precipitacións e con "máis auga".

As choivas iranse retirando na tarde deste venres, polo que quedarán restrinxidas ao norte das provincias de Lugo e A Coruña, mentres que o sábado afectarán á provincia luguesa, onde pode seguir nevando. No resto de Galicia xa non se esperan precipitacións para a fin de semana, salvo algún chuvasco o domingo na Mariña luguesa.

Temas: NEVE OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta