Intelectuais galegos apoian un manifesto en Cataluña que aposta polo “non aos recortes e non á independencia”

Impulsado por Recortes Cero-Os Verdes, reclama entrar no Parlament para traballar "pola unidade para redistribuír a riqueza".

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 04/12/2017 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Diversos diarios cataláns publicaron este domingo o Manifesto "Eu confío", con 450 sinaturas de distintos persoeiros da vida política, intelectual e social de Galicia e do Estado. Unha publicidade que, din, pagaron dos seus bulsos para impulsar un "novo espazo político" que ten coma obxectivo chegar ao Parlament para "que poida cambiar o terreo de xogo e ofrecer novos camiños".

Acto realizado por Recortes Cero
Acto realizado por Recortes Cero | Fonte: recortescero.com

Entre os asinantes deste manifesto está Xoán Bernárdez Vilar, escritor, historiador e ensaísta galego, académico correspondente da RAG. Xunto a el outros destacados xornalistas ou intelectuais como Antonio López (pintor), Juan José Millás (escritor), Javier Mariscal (deseñador), Fernando Schwartz (escritor), Luís Antonio de Villena (escritor), Manuel Galiana (actor), Raúl del Pozo (xornalista), Fernando Colomo (director), Miguel Hermoso (director), José Antonio Lobato (actor), Jorge Eines (director), Ramón Laga (actor), Antonina Rodrigo (escritora), Benjamín Forcano (teólogo), Carmen López Mercador (editora), Dolors Terradas (exdiputada de En Comú Podem), Pablo Jercog (investigador), José Enrique Martínez Lapuente (escritor), Antonio Orejudo (escritor), Juan Madrid (escritor), Antonio Hernando (investigador), Concha García (poeta), Ricardo Cano Gaviria (escritor e editor), Alicia Vela (pintora), Salvador Jofré (poeta e ensaísta) ou Rosa Lentini (poeta e editora, entre outros.

Os asinantes, como eles mesmos manifestan, proveñen de "diferentes tendencias e tradicións política de esquerdas", así como de diferentes sensibilidades, actividades e lugares, que se uniron para impulsar unha "alternativa de esquerdas" que di "NON á independencia, NON aos recortes, NON á corrupción" e que traballe "pola Unidade para Redistribuír a riqueza".

Con todo, este manifesto está vinculado ao movemento Recortes Cero, do grupo dos Verdes. Por iso, suliña que "é o momento de apostar por que nesta lexislatura estea presente no Parlament unha nova alternativa de esquerdas que poida cambiar o terreo de xogo e ofrecer novos camiños".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Liberdadegalega

2 Haiche vida fóra

Coitados, non saben que Recortes Cero é a tapadeira da UCE, que chegou a pedir ao voto para UPyD, apoia a Galicia Bilingüe e por suposto está contra o ensino en galego. http://deverdaddigital.com/articulo...

1 Freixo

Recortes Cero é uma nova "bandeira de comenência" da UCE (Unificación Comunista de España); conviria lembrá-lo.