Pontón: "A Constitución é froito dun pacto entre o franquismo, o exército e as forzas políticas estatais"

"Foi a esquerda española, que hoxe se di republicana, quen puxo a un rei; que se di laica, pero avalou os privilexios da Igrexa; que se di federalista, pero apoiou un Estado unitario", di do PSOE. Os nacionalistas presentarán no Parlamento galego unha proposta de "novo estatus de nación" para Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2017 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este mércores que os nacionalistas "non festexan" o Día da Constitución Española porque, para eles, o texto é o "froito dun pacto de silencio, dun acordo entre o vello réxime franquista, o exército e as forzas políticas estatais".

Ana Pontón e Lois Diégues no acto do BNG contra a Constitución
Ana Pontón e Lois Diégues no acto do BNG contra a Constitución | Fonte: Europa Press

Así o expresou a dirixente durante un acto celebrado en Santiago este mércores, no que os nacionalistas denunciaron "a involución, os recortes e unha recentralización que só ten como fin salvagardar o 'status quo' e os privilexios do réxime do 78". Unhas declaracións que contrastan cos valores constitucionais e a unidade de España defendidos polo editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, nun acto ao que asistiron e aplaudiron a propia Pontón e o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, así como tamén o líder de En Marea e a de Podemos Galicia.

Para Pontón, a Transición trátase dun "relato feliz" á vez que "fraudulento". "Esta é a Constitución dos herdeiros do franquismo reconvertidos en demócratas de toda a vida, a dos militares golpistas, a Conferencia Episcopal máis reaccionaria, dos monárquicos e da oligarquía económica e financeira", esgrimiu.

"O nacionalismo nunca aceptou este marco, porque nós non imos tragar un réxime que inclúe a impunidade duns crimes franquistas, a volta dunha monarquía medieval ou a negación de que Galicia existe e de que temos dereito a decidir sobre o noso camiño", expresou Pontón.

E é que, para a portavoz nacional do Bloque, a esquerda española, que agora "clama contra o réxime do 78", foi a que "posibilitou" esta estrutura. "Foi a esquerda española, que hoxe se di republicana, quen puxo a un rei; que se di laica, pero avalou os privilexios da Igrexa; que se di federalista, pero apoiou un Estado unitario", argumentou en alusión ao PSOE.

Así, os nacionalistas consideran que "non se equivocaron de bando" na súa posición contra a Carta Magna, ao contrario que "outros que se equivocaron hai 40 anos e volven facelo agora ao pensar que o problema é Cataluña, Euskadi e Galicia e non ven que o problema é esa idea desfasada dunha España unha, grande e libre". Un réxime que, en palabras de Pontón, lexitímase na Constitución de 1978.

"ESTATUS DE NACIÓN" PARA GALICIA

Neste contexto, Pontón propuxo unha "ruptura democrática" por unha Galicia na que se poida "decidir que futuro" queren construír. Así, adiantou que o BNG proporá, no próximo pleno do Parlamento autonómico, "abordar a situación desta crise do réxime" e un "novo estatus de nación para Galicia".

No acto tamén se homenaxeou a tres dos deputados que foron expulsados da Cámara autonómica en 1982 por negarse a xurar a Constitución, Claudio López Garrido, Bautista Álvarez e Lois Diéguez, presente no acto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 anonimo

As lecturas do BNG son consecuencia de tentar interpretar a realidade desde uhna perspectiva hiperideoloxizda. Desde xeito, sobrevalórase moito a forza ou o poder das forzas armadas, etc, dos " poderes fácticos, etc.! Seica o BNG ( ou sexa a UPG) pensa que a xente estaba e está a debecer por un estado comunista despois do fracaso destes ! o de sempre, lecturas desbarrantes froito dunha visión sectaria e autista da realidade.

2 anonimo

Ao nivel dos contos q falan dun Carrillo ao q lle puxeron unha pistola ao peito e q se non firmaba a Constitución, disparaban. Ou q o artículo sobre a indisoluble unidade da nación española veu redactado do Ministerio do Exército cun pé q dicía: insértese na Constitución na súa expresión literal, sen correccións, eliminacións nin engadidos. En fin... Q canto mantén a fariña, q vaia nivel maribel, q retrata tamén a quen lle compra a mercancia.

1 Antónimo

Paspanciño anónimo, non todo son contos. No 1978 o exercito franquista redacta, con erros sintácticos incluídos, o artigo 2 da constitución. Testemuño escrito do presidente da ponencia, nada sospeitoso de ser do BNG nin dos pérfidos rojos separatistas!. E o 23 de febreiro de 1981 o mesmo exército franquista sen depurar tratou, seguramente co permiso real e dalgun partido do sistema, conducir ao rego cun golpe militar. E, se cadra, houbo un pacto do capó, onde se retocou para agradar de novo o franquismo e os seus descendentes nas institucións e nos mercados. Igual vai ser que os sistémicos non tedes ideoloxía nin intereses económicos... Que sodes caritativos e cuidadosos do ben común!

2 nostrus

Antónimo, despois de desfogarte coa tua imaxinacion direiche que, inda que fose certo o que dis, a Constitucion foi pasada polo beneplacito do pobo. E en febreiro do 81 un pequeno sector do exercito comportouse como se comportarian moitos dos que rexeitan a Constitucion si tiveran a suficiente forza. O certo é que a actual Constitucion agrada a maioria, pero tamen é certo que existe unha miniminoria que lle gustaria facer unha distinta inda que lle agradara a eles sós. Si tal é o seu empeño, que empencen por convencer aos que nos gusta e si algun dia son maioritarios, ¡chapeau!, pero mentras tanto que respeten a maioria

1 VIEIRAS & PODREIROS

que barbaridade... non me despertedes o facismo... non o despertedes... que vivimos no mellor dos mundos como decía o doutor panglos, xa basta de barbaridades, menos mal que aquí estamos os de podreiros e o vello -vieiras para defender a constitución e o statuosquo da monoarquia bobonica xunto con nosos amiguiños expañolentos e demais caterva dos pepeiros, dos chupadanos e dos pesoideros do pesoebre e do engano da burguesía suxa paleta e miseranta! son moi ingnorantes as ratas expañolentas, son moi ladroas, son moi inxustas...