O mozo condenado por agredir a Rajoy, en liberdade o vindeiro venres

O mozo pontevedrés, que tiña 17 anos no momento da agresión, recobrará a súa liberdade ao cumplirse dous anos do suceso, segundo adiantou pontevedraviva.com, malia que seguirá un ano máis en liberdade vixiada.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 08/12/2017 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O mozo pontevedrés condenado por agredir a Mariano Rajoy durante un paseo electoral por Pontevedra quedará libre o vindeiro venres, 15 de decembro, segundo adiantou en exclusiva pontevedraviva.com. Andrés V. F., alcumado Capi, recobrará a liberdade ao cumplirse os dous anos do seu internamento.

O mozo que agrediu a Rajoy, trala súa detención.
O mozo que agrediu a Rajoy, trala súa detención. | Fonte: Mónica Patxot (pontevedraviva.com)

O mozo pontevedrés agrediu ao presidente do Goberno o 16 de decembro de 2015 e, tras pasar a noite nos calabozos, foi posto a disposición xudicial e o Xulgado de Garda decretou o seu internamento preventivo nun centro de menores de Ourense. Seis meses despois, en maio do 2016, o Xulgado de Menores de Pontevedra condenouno a dous anos de internamento en réxime pechado como autor dun delito agravado de atentado contra a autoridade, como é un membro do Goberno.

A condena foi resultado dun acordo de conformidade entre o mozo e a Fiscalía de Menores de Pontevedra, tras recoñecer os feitos e mostrar o seu arrepentimento. Durante todo este tempo e ata agora, permaneceu internado.

Fontes xudiciais confirmaron a pontevedraviva.com que o mozo agresor recobrará a súa liberdade pero seguirá durante un ano máis en situación de liberdade vixiada. Na súa condena tamén ía incluído someterse a un programa de reeducación que, no caso de que se comprobe que non deu os seus froitos, implicará que volva perder a liberdade.

O rapaz tiña 17 anos cando agrediu ao presidente do Goberno na pontevedresa praza da Peregrina, pero cumpriu os 18 en marzo do 2016. Malia ter a maioría de idade, seguiu internado nun centro de menores de réxime pechado ata agora, pois o delito polo que foi condenado impúxoselle cando era menor.

O líder do PP, Mariano Rajoy, non chegou a exercer ningunha acción contra o menor, de modo que non tivo que pagarlle ningunha indemnización nin foi condenado tampouco a pagar responsabilidade civil. Ademais, nestes últimos dous anos transcendeu que a familia e o propio menor pediron desculpas a Rajoy, que no momento da agresión era presidente en funcións.

Información facilitada por pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Ferrradura

Os tres comentarios anteriores son unha mostra do odio que está instalado no debate político español e galego. Neste caso contra Rajoy e a xente do seu partido, pero tamén podía ser contra o PSOE e Ciudadanos. ETA foi derrotada, así que xa non poden berrar: ¡ETA, mátalos! A ver se madurades, que Hitler e Stalin son do século pasado

1 Ouveos españolistas

O odio está mal, moi mal... Bon, non tanto nin todo, verdade? Se é odiar ao que pode criticar o sistema, ou o nacionalismo periférico, entón "a por ellos", a mesma policia pode burlarse dos presos por razóns políticas cataláns, da alcaldesa de Madrid... Xa non falemos dos inmigrantes, das etnias diferentes... Entón hai odios permitidos, ben vistos polo PPsoE e do neofascio de Rivera, que os seu servos verán como naturais, sanos e propios dos españois de misa e procesión. Uns santiños devotos da corrupción e do sometemento dos diferentes.

2 Tocabolas

Non é odio,,,vacaburra do tres ao cuarto, seguro que mercenario ágrafo.....é simples e lexítima tentativa de defensaresistencia fronte ao Criminal Asoballador...........

3 alien o 8 pasaxeiro

Axuste de contas entre a "mafia" pepeira... cousas deles, nalguns sitios pode ser de gran dramatismo como DEPUTACION LEONESA e outros temas FISCALIA E XUDICIAIS, enton as cousas son mais graves, o demais e todo labazadas e puñadas, autentico método pepeiro de domesticación e algo que fan moito os pepes sempre están en lios gordos!!!-

2 Tocabolas

Que Reincida, pelos cravos de cristo, please!!!!.

1 ZasvarelaCrego

BAH. Cousas de família. ......