Louzán fichará aos socios dos tránsfugas para as municipais

O líder do PP de Pontevedra defende o pacto cos tránsfugas e di que se fixeron as cousas como o "PP entendía".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 23/12/2010 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

 Louzán é o primeiro en romper o silencio oficial que mantén o seu partido sobre a posibilidade de incorporar nas listas municipais a antigos dirixentes que deixaron o PPdeG por apoiar mocións de censuras con tránsfugas.

None

 

Se antes o dicía coa boca pequena, agora é un segredo a voces que volverá contar con xente da súa total confianza para encabezar listas municipais en concellos considerados palleiros populares. Este é o caso de Mos, onde goberna Nidia Arévalo, ex número dúas de Louzán na Deputación de Pontevedra e que tivo que deixar o PPdeG tras ser investida alcaldesa de Mos co apoio dun tránsfuga do PSOE.

 

Todo como o “PP entendía”

 

Louzán, a diferencia do seu xefe de filas, Núñez Feijóo, sigue defendendo as mocións de censura que levaron ao PPdeG ao poder en varias alcaldías de Pontevedra. “Fixeronse as cousas como o PP entendía, o partido cumplíu o establecido”, sinalou recententemente o líder provincial nunha comida de Nadal con xornalistas. 

 

Gondomar, Silleda ou Porriño

 

Así, puxo como ejemplo o caso de Gondomar, onde,  era antinatural que “gobernaba o BNG con cinco concelleiros fronte aos 12 do PPdeG”. Precisamente, no caso deste concello, Louzán teno máis doado porque Martín Urgal non se vai presentar. Deste xeito, o dirixente provincial aproveitará para facer “pequenas renovacións”. O mesmo vai acontecer en Silleda, tras a retirada de José F. Viéitez, aínda que neste concello hai diferencias internas propiciadas, precisamente, polo propio Louzán, ao igual que na Estrada e Rodeiro.

 

No caso de Porriño, Louzán confiará en Nelson Santos, actual alcalde e líder de Ciudadanos por Porriño (CxP)que se presentará Baixo as siglas populares e tentará, deste xeito, unificar o voto popular dividido entre o propio PPdeG, CxP e Independentes por Porriño.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Manoliño

Faime moita gracia que se fale de tránsfugas. É o mundo ao revés. A Constitución di que os deputados e senadores non teñen mandato imperativo... Os nosos deputados e senadores terían que presentarse por un partido, e despois votar en conciencia, de acordo ou non coas suxestións do partido. Os partidos non queren saber nada de listas abertas porque se lles acababa o chollo, pero a actual situación, onde os deputados votan o que lles mandan e senón, pau, paréceme cando menos unha inmoralidade, por non decir unha ilegalidade manifesta.

3 filantrópico

E cómico ver aos piltrafillas do psdg falando de transfugismo cando media Andalucía esta emporcallada de trasfugas do pp que van pra o psoe. Do bng non hai trasfugas,por non haber non hai nin xente que quera presentarse con eles.

1 Rayleigh

Carai..menudo análise político máis sesudo. O do BNG foi unha arroutada que che pegou ou foron gases? Senón e ningunha das 2, pódesme dicir onde o BNG non vai presentar xente nas listas por non atoparse a ninguén? Podes poñer esa media Andalucía que se pasa ó SOE? Tamén gostaríame que me aclarases unhas cousas: se o transfugismo é tan malo, por que o practicades vos 100 veces máis que outros? Ou por que criticades unha cousa para logo facelo vos mesmos? Ti si que es cómico.

2 filantrópico

Non ho! pra análise a que fan algúns seguidores do anterior goberno culpando ao pp de transfugismo.Non o nego pero busca ti os milleiros de transfugas que pasan do pp ao psoe a nivel nacional.Vela ahí o caso de Benidorm na Comunidade Valenciana,que foi do pp ao psoe. Ainda non se dixeriu a derrota das eleccións galegas,pois xa sabedes,ajo agua y resina.

3 soportar

¿entón como lle chamarías tí ao deses políticos tan "lixeiros",filantrópico? ¿evolución ideolóxica?

4 Rayleigh

Imos ver Filantrópico. Sei que eres un falabarato sen remedio. Como bo trol-eiro, lanzas salvas ó aire sen saber de que falas. O PP impórtalle o do transfuguismo o necesario para facelo el mesmo e se lle afean a postura, xustificalo. E se, como dis ti, todos o fan (todos iguais - frase moi pepeira para non das explicacións), soamentes quédache unha postura digna: votar en branco nas proximas eleccións.

2 Mastro

Por suposto o PPdG é incapaz de cumplir o propio código ético do PP, aprobado fai algo máis dun ano. Gústanlles demasiado os cartos e manexar. Por iso aceptan os tránsfugas, calquera cousa a calquera prezo con tal de detentar o poder e ter presuposto que repartir. Canta falta de ética, cantos vendidos por uns cartiños. Non hai ideais, só hai ganas de manter a Diputación de Pontevedra, sexa como sexa e con sexa, os cartos son o primeiro para eles.

1 Uno de Pontevedra

Estais un poco confundidos. No hai "amigos" de tránsfugas. Simplemente los transfugas no estarán en las próximas elecciones y eso una diferencia muy importante. Así que no intoxiqueis

1 Xoel

Xa saltan os fachas estes en canto lle sacan as merdas todas que teñen montadas polo país adiante. O Louzán debería estar ante un tribunal.

2 antichorizos

Algun transfuga,ainda sendo unha ruina humana,e mais persoa que o Louzan ou o Telmo, á cadea con eles!

3 un calquera

Non intoxiques tí. O PP incorpora ó seu partido a grupos escindidos doutros partidos políticos (PSOE e BNG) cos que gobernou na anterior lexislatura electos polos partidos anteriores. Merca de concelleiros, simplemente. Ogallá a xente de Gondomar, Mos, O Porriño e Silleda deixe ó PP onde lle corresponde. Mágoa que os medios de comunicación galegos toleren esta corrupción, sempre e cando veña do PP e a critiquen en calquera outro grupo.

4 souto

creo que en Mos estarán o transfuga que lle deu o goberno a expulsada e candadata do PP á alcaldía (querida de Louzán por certo). Podedes chamarlle "incorporación de escindidos" ou coma vos pete pero en román paladino é transfuguismo