"Sen oportunidades e podendo facer moitos cartos, prostitúeste"

Segunda parte da entrevista a Monste Neira, especialista en prostitución e prostituta en activo.

Por Walter Burns | Santiago | 02/01/2011 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

GC ofrece a segunda parte da entrevista con Montse Neira, despois de que a primeira parte sumara 1.500 visitas no Youtube nunha semana.  Neira é investigadora do fenómeno da prostitución; coa vantaxe que lle dá levar varias décadas exercendo de prostituta en Barcelona. En decembro a UNED incorporouna como relatora a un curso en Lugo.

No debate sobre a prostitución hai dous polos. Os que defenden a legalización como noutros estados (Holanda, Dinamarca, Nova Zelandia, etc.)  e os que defenden a súa abolición, por entender que calquera forma de prostitución é degradante para a muller, postura habitual entre algunhas asociacións feministas.

Críticas ás feministas abolicionistas

"Por parte desta corrente feminista del feminismo cultural no interesa [o debate sobre a legalización] porque elas defenden a posición de que o home é o maltratador, o malo malísimo e as mulleres somos unhas pobres vítimas sometidas ao patriarcado", argumenta Neira en referencia ás abolicionistas.

Licenciada pola UAB e colaboradora de medios como La Vanguardia, Neira participou en varios foros organizados por feministas. A súa conclusión é que "con elas non se poden debater" porque "recorren a descualificacións".  Foi precisamente a necesidade de dar a coñecer as súas ideas á marxe da tensión destes debates o que provocou o nacemento do seu blog.

A todos os que piden a abolición, Neira reclámalles que "fagan un esforzo por coñecer a realidade" e que "se esforcen en escoitarnos".

Por que se prostitúen algunhas persoas?

Natural do Courel, unha das comarcas máis pobres de Galicia, Neira tivo que emigrar a Barcelona. Malia defender a prostitución como calquera outro oficio, Neira admite abertamente que son as eivas económicas as que empuxan ás mulleres, e tamén a uns poucos homes, a se prostituír.

"Se non nos deron outras oportunidades, e temos a posibilidade de nos prostituír e facer moito diñeiro, pois facémolo. Se eu nacera noutro contexto, posiblemente non me houbera prostituído e posiblemente hoxe sería abolicionista", recoñece ás cámaras de Tingalaranga.

Emigración económica ou trata?

As redes de trata teñen menos peso na prostitución que o transmitido nos medios. Este é un dos argumentos máis polémicos que defende esta experta.  Apelando a súa experiencia en 62 locais, Neira di que "a xente emigra porque quere progresar, e se non o pode facer nas canles legais, vai tirar das canles ilegais, e pagar o que sexa; e iso non é trata, é tráfico, vailles custar máis cartos que polas vías legais, pero arríscase, porque a xente quere progresar".

Sexo de pago para discapacitados

Na entrevista en Santiago, Neira tamén aborda a súa labor como prostituta para persoas discapacitadas. En concreto, critica a represión sobre a súa sexualidade e apunta que hai estados como Suíza e Dinamarca que "regularon que as persoas con dependencia total e absoluta, é convínte que vaian con algunha profesional, algunha asistente sexual de discapacitados".

"O sexo é unha cousa e o amor outro, non ten que estar dogmatizado nin ideolixizado, o sexo é natural, é inherente a persoa humana, senón non sentiriamos pracer. Todo o noso corpo é potencialmente susceptíbel de sentir pracer, ten que servir para algo, polo tanto, reprimilo, non" , conlúe Neira.

GC e Tingalaraga agradecenlle a súa valentía por dar a cara e explicar un asunto, o da prostitución, criminalizado mediatica e socialmente.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Montse

Fe de errores: en el texto se dice "e os que defenden a súa abolición, por entender que calquera forma de prostitución é degradante para a muller, postura habitual entre as asociacións feministas". No recuerdo en ningún caso haber dicho asociaciones feministas, y si lo he dicho pido perdón, ya que son "algunas asociaciones feministas", sobre todo las que se nutren de las teorias del feminismo cultural que tiene sus raices en EE.UU, creo recordar en la década de los 80. Hay muchos feminismos, y aquí en España son numerosas las que defienden los derechos y obligaciones de las personas que ejercen la prostitución. Muchas gracias

1 Galicia Confidencial

Gracias pola correción! Xa foi incorporada.

3 montse

Muchas gracias a Tingalaraga, por abordar el fenómeno de la prostitución y permitir que haya más referencias aportadas desde la observación empírica de las diferentes realidades y no desde las ideologías. El debate es muy necesario pero hecho con responsabilidad y desde el conocimiento no desde los prejuicios cognitivos, y desde la desinformación. Buen año a todos/as

1 TingaLaranga Audiovisual

2 chuzeiro

Negacionista das redes de trata e agora crítica co feminismo abolicionista, vaia xoia. Menos mal que se contradi ela mesma. Ironías do destino, semellante palestra deuse en Lugo, onde se está a desenvolver a "Operación Carioca" que está a amosar a punta dos longos tentáculos do negocio da trata de persoas para explotación sexual, a súa fortísima superestrutura internacional, e os seus vínculos con policía espanhola, garda civil, políticos, empresarios, etc. con 25 persoas detidas, centos de interrogatorios, cámaras ocultas, chantaxes, filtracións de identidades de confidentes, unha prostituta asasinada...

1 chusa

Ai chuzeiro....e dinos...algunha prostituta declarou ser obrigada! Montse fala clariño e de contradicción nada meu rei. So desprotección que fai que se lucren os que ti dis! q pouca analise ou q ganas de confundir chuzeiro! Tamén pode ser que che interese por algo!

2 Montse

Para chuzeiro, en ninguna de mis declaraciones afirmo que no exista la trata. Lo que critico son los argumentos que se esgrimen desde la ideología abolcionista en los que se miente afirmando que todas las mujeres inmigrantes que se prostituyen en España son víctimas de la Trata, delito que ci que sean 10 ni diez mil se ha de combatir. Y también lo que critico es que digan que ninguna mujer ejerce la prostitución "voluntariamente". Hay miles de mujeres en españa que les gustaría realizar otros trabajos en vez de prostituirse, pero ¿donde están trabajos? Trabajos que de verdad permitan mantener a una familia sin agobios, trabajos que permitan progresar y no permanecer en la misería. Mire Vd. yo también se ser damogoga.

3 Montse

Y respecto a la Operación Carioca, estando bajo secreto de sumario, de momento no se ha demostrada que en los clubes dónde se ha intervenido haya Trata. Hasta dónde yo sé sólo hay un testigo protegido y está trabajando en otro club ¿cuántas han declarado estar obligadas, forzadas, amenazadas. Lo que hay es imputados por delitos de prostitución, todos ellos tipificados en el CP. Esperemos que se abra el sumario, y ya veremos. Conozco casos de Trata, sobre todo de nigerianas y rumanas, pero no en la dimensión que se está haciendo creer. Son dos cosas totalmente diferente. Hay prostitución elegida por la persona que se debe respetar y trata no sólo para explotar sexualmente sino para talleres de confección, sevicio doméstico, construcción, agricultura. ¿dónde queda la solidaridad para estas personas? ¿por qué no pedimos la abolición de esros trabajos?

4 Lema

"Conozco casos de Trata"... Mas ti nom dizias que nom conheceras nengum??? Como te podes contradizer tanto em tam poucas linhas?? Por certo, no Courel falades espanhol?

5 Galicia Confidencial

Chusa, borramos o teu comentario por conter un insulto. Por favor, para debater non é necesario caer en descualificacións. Non vos queremos rifar como a nenos pequenos, pero por favor debatede co punto de vista que queirades respectando aos demáis. Como excepción, pegámolo eliminando o insulto. Por chusa: lema...es ***** non si? falamos de prostitución, non de lingua!!!

6 montse

Para Lema, a poco que repases mis declaraciones lo que yo he dicho es que en ninguno de los pisos, locales, y clubes en ls que yo he ejercido la prostitución he conocido ningún caso de Trata y eso que he compartido miles de horas con más de 1.000 mujeres de todas las nacionalidades. Los casos de Trata que conozco son de forma indirecta a través de las asociaciones y gente que me escribe. Asimismo, según el primer Balance del Plan de Trata de las más de 6.000 identificaciones que se hicieron en el 2009, 1301 mujeres fueron identificadas como víctimas potenciales y el delito que más se imputó fue contra derechos de Trabajadores, lo que demuestra empiricamente como está de sobredimensionada la Trata. Espero que ahora haya quedado claro. Muchas gracias http://www.mir.es/DGRIS/Notas_Prens...

1 Yudith

Las feministas son unas falsas que predican una cosa cuando en sus casas les gusta , y mucho, hacer otra cosa; pero lo de esta "señorita" no tiene nombre. Siento nauseas de compartir ciudad con una "personaja" de esa moral.

1 xula

Yudith!!! Tí si que tes o perfil de "maltratada" e "resignada", ou eso parece ante a túa escaseza de argumentos!!! Si sientes nauseas vete a vomitar al vater y lee libros de moral de la falange para curarte! Mil abrazos y besos a Montse por su valentía por acabar con la hipocresía social!

2 montse

Yudith, te voy a dar una alegria no compartimos ciudad. Y tus comentarios me dan más fuerza para seguir luchando y que se conozca toas las realidades de este complejo mundo que es la prostitución y seguir luchando para que las mujeres que quieren ejercer lo hagan sin estar estigmatizadas y en mejores condiciones y sean ciudadanas y las que lo quieran dejar que realmente se les de oportunidades reales de trabajos que den la suficiente remuneración y puedan crecer como personas. Y yo sólo critico al feminismo cultural,