O BNG esixe a dimisión do ministro de Fomento tras o "caos" na AP-6

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reclama a dimisión do titular de Fomento pola súa "incompetencia na xestión das infraestruturas" e pregunta a Feijóo se vai facer algo "ante unha situación que afectou a miles de cidadáns galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2018 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu este luns a dimisión do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, tras a situación tan grave" e de "caos" que "se viviu esta fin de semana" con "miles de cidadáns atrapados na AP-6".

Coches atrapados na neve na AP-6.
Coches atrapados na neve na AP-6. | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, Pontón reclamou a dimisión do ministro de Fomento pola súa "incompetencia na xestión das infraestruturas" e pola "súa soberbia despois duns feitos tan graves de non recoñecer ningún erro", "nin tan sequera pedir desculpas aos cidadáns".

Por iso, pregúntase se o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai facer algo ante "unha situación que afectou a miles de cidadáns galegos" ou "se, simplemente, vai buscar unha escusa para exculpar ao ministro de Fomento e ao Goberno de Rajoy".

Así mesmo, a nacionalista mostrou a súa solidariedade a todas as persoas viviron esta situación "angustiosa" provocada por "unha cadea de erros" que tacha de "intolerable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti...

Que llo pregunten ao feixon e logo dirá que todo e por mor do bipartito e de zapatero.