O Celta, a outra cousa

O equipo celeste di adeus ao soño da Copa tras ser goleado 5-0 polo Barça, e despois de encaixar catro goles na primeira media hora. Unzué sentou a Aspas e Wass no descanso pensando xa no Levante, vindeiro rival na Liga.

Por gcdeportes | Vigo | 12/01/2018 | Actualizada ás 00:27

Comparte esta noticia

Ficha técnica
FC Barcelona 5:
Cillessen; Semedo, Garard Piqué (Vermaelen, 46’), Mascherano, Jordi Alba; Rakitic, Busquets, Iniesta (Arnaiz, 63’), André Gomes, Messi (Dembélé, 59’) e Luis Suárez.
RC Celta 0: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Jonny; Lobotka, Daniel Wass (Radoja, 46’), Jozabed; Pione Sisto (Brais Méndez, 57’); Emre Mor e Iago Aspas (Maxi Gómez, 46’).
Goles: 1-0: Messi (minuto 13). 2-0: Messi (15’). 3-0: Jordi Alba (28’). 4-0: Luis Suárez (31’). 5-0: Rakitic (87’)
Árbitro: Hernández Hernández (canario). Sen tarxetas.
Incidencias: partido de volta dos 1/8 de final de Copa disputado no Camp Nou ante 59.000 espectadores. Antes do comezo, 20.000 pancartas amarelas, repartidas por entidades soberanistas, reclamaron a liberdade dos políticos cataláns encarcerados.

Nos primeiros quince minutos, dous goles de Messi. Outros quince minutos, e 4-0 en contra. Un Celta ausente, sen intensidade, foi superado por un Barça pleno de efectivade e, malia o precedente do 2-2 na Liga e a ilusión da parroquia celeste por seguir na Copa, os de Juan Carlos Unzué apenas competiron no Camp Nou e acabaron encaixando unha goleada (5-0). Os celestes acabaron o partido sen recibir nin unha tarxeta amarela.

Á media hora de xogo, a eliminatoria xa estaba sentenciada para os cataláns con ese 4-0 en contra: dous de Messi, o terceiro de Jordi Alba tras asistencia do arxentino e o 4-0 de Luis Suárez. Apenas houbo noticia dos celestes durante a primeira metade. Rendido ante a superioridade rival, o técnico do Celta sentou no descanso a Iago Aspas e Daniel Wass pensando xa no Levante, vindeiro rival na Liga (domingo ás 12.00 horas en Valencia), unha clara mensaxe de que non había nada que facer.

Non foi ata o segundo tempo que chegou a primeira e case única chegada con perigo dos celestes, pero cando Maxi Gómez xa sentara a Vermaelen e dispoñíase a bater a Cillessen, Semedo evitou o gol da honra. O último dos locais chegou no minuto 87, tras un saque dende o curruncho de Dembélé que Rakitic, libre de marcaxe, converteu no 5-0 definitivo. Eliminado na Copa, ao Celta non lle queda outra que centrarse na Liga.

Jordi Alba, autor do 3-0, ante Sergio Álvarez.
Jordi Alba, autor do 3-0, ante Sergio Álvarez. | Fonte: lfp.es

Once titular do Celta no Camp Nou.
Once titular do Celta no Camp Nou. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MARYSX

Non foi ata o segundo tempo que chegou a primeira e case única chegada con perigo dos celestes, pero cando Maxi Gómez xa sentara a Vermaelen e dispoñíase a bater a Cillessen, Semedo evitou o gol da honra. O último dos locais chegou no minuto 87, tras un saque dende o curruncho de Dembélé que Rakitic, libre de marcaxe, converteu no 5-0 definitivo. Eliminado na Copa, ao Celta non lle queda outra que centrarse na LIGA ITALIANA.