As escusas da Xunta e do Goberno central para non cumprir co AVE a Galicia

Toda a oposición advirte aos gobernos autonómico e estatal que non se poden escudarse nos demais partidos para non cumprir co tren de alta velcidade a Galicia. En Marea e BNG achacan un eventual atraso á "irrelevancia" de Feijóo, o alcalde de Vigo ve "escusas" e o PP cre "obvio" que haxa problemas se non hai orzamentos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Todos os grupos da oposición no Parlamento de Galicia advertiron á Xunta e ao Goberno central de que non se poden escudar nos demais partidos e no apoio que necesiten para sacar os orzamentos xerais adiante e cumprir cos prazos da alta velocidade galega. Así, todas as formacións políticas saíron ao paso das declaracións da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que nunha entrevista na Ser suxeriu que estaba en perigo a execución da conexión coa meseta do AVE debido a que o Goberno central non conta co apoio no Congreso para aprobar os seus orzamentos.

Persoal de AVE
Persoal de AVE | Fonte: Europa Press

Esta situación, no entanto, non se pode achacar aos grupos da oposición segundo eles mesmos denuncian. Así, para o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, as declaracións de Vázquez "van preparando a insignificancia política de Feijóo", que "non manda, non vale nada e é un erro do que os galegos están máis que arrepentidos", porque "non está a defender os intereses" de Galicia.

Villares advertiu que, en todo caso, quen ten a "responsabilidade" de gobernar é quen "ten" que buscar as maiorías parlamentarias suficientes para sacar adiante as contas. "Se non saben gobernar, que convoquen eleccións, entre outras cousas, para acabar as infraestruturas", aseverou.

O líder de En Marea aproveitou a súa intervención para incidir en que, en todo caso, a "prioridade" da súa formación política é a conexión interna de Galicia por ferrocarril de proximidade, como a conexión coa provincia de Lugo e Ourense desde os distintos puntos das cidades máis relevantes do eixo atlántico.

Tamén se pronunciou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que este luns visitou a Cámara galega para reunirse co grupo parlamentario do seu partido. Caballero tachou de "escusa" as declaracións de Ethel Vázquez e cre que en materia de infraestruturas, como a alta velocidade ferroviaria ou o Corredor Noroeste, o PP "busca escusas para non dar conta da súa falta de atención e ineficacia á hora de dar solución aos problemas dos galegos".

"O PP goberna en España e en Galicia. Teñen maiorías nos dous parlamentos e responsabilidades de goberno. Cando as atencións fundamentais que requiren os galegos non son atendidas, a responsabilidade do fracaso é de Feijóo e de Rajoy", remarcou o líder socialista.

O PP "NON EXECUTOU"

Pola súa banda, a portavoz nacional e parlamentaria do BNG, Ana Pontón, puxo o acento en que o "problema" non son os orzamentos, senón que cando había unhas contas aprobadas "non se executaron".

Hai que "esixir ao ministro de Fomento", dixo, que "se execute o orzado". "Estamos a ver un exemplo máis da irrelevancia política de Feijóo", aseverou, respecto diso de que diga "si a todo o que vén de Madrid" e que "todo ten consecuencias para o noso país".

Pontón asegurou que non "sabe" a quen "vai buscar Feijóo para botarlle a culpa", pero que, en todo caso, Galicia "segue perdendo cada vez máis, máis oportunidades".

"UNHA OBVIEDADE"

Para o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, as declaracións da conselleira non son "unha desculpa" senón "unha obviedade", xa que a posibilidade de que se paralicen as obras por non haber orzamentos atende a "un principio básico do gasto".

"Todo novo gasto que non estea cuberto polos orzamentos vixentes leva a unha paralización", lembrou Puy, quen alertou que "todo o que non sexa aprobar uns orzamentos é negativo" porque podería repercutir, ademais de na chegada do AVE a Galicia, tamén poderían atrasarse "todas" as obras que o Estado realiza en Galicia.

Con todo, apuntou que "se están cumprindo os prazos en función dos orzamentos do ano pasado" e que "todo apunta" a que o próximo ano "poderán empezar as probas de liña" para que a conexión de Galicia coa Meseta poida "entrar en servizo en 2020".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anti...

Que fagan coma con Ence en tempo de desconto deulle 60 anos máis sen atranco ningún.

2 votar expañol e traer ruina

Alguen se preguntou algún-ha vez a necesidade do ave para a Galiza??? non era tan necesario como nos queren facer ver, o ave tiña que entrar en Ourense porto seco para comunicarnos coa meseta e fora, o que tiñan que ter era de Ourense para adentro de toda galiza era un-ha boa comunicación interior, unas boas líneas por exemplo o de coruña-ferrol e una "putavergonza" QUE NOS DEU EXPAÑA MENTIRAS, o monifate de vigo do socialato cain canalleiro dixo de ave en galiza no ano 1997, fraga outro tanto frijoles o mesmo decindo que estaba todo blindado o retraso e xa xigantesco, saben que o pe$oe, podreiros, pepeiro e pura traizon... QUE NOS DERON EXPAÑA una gran masacre en santiAGE de componendas con cen mortos ... e o ave non chega, nos engañan nos minten pois saben que os partidos expañolentos na Galiza son un fato de traidores e de vendidos do mais baixo o nivel das cascudas (pepeiros, podreiros, socialatos...)

1 A MAREA NON FAI NADA

SEÑORES DE QUE SE OCUPA A MAREA DE PODREIROS: - En Marea plantea usar fuegos de artificio que sean silenciosos por ... https://www.diariodepontevedra.es/.... En Marea plantea usar fuegos de artificio silenciosos o de bajo impacto. Efe 14 Enero 2018 17:02 h. En-Marea fuegos-artificiales. O PODREIROS NO QUE ANDA E EN QUE OS FOGUETES DA FEIRA SEXAN EDUCADOS QUE NON SE ESCOITEN COMO PORTAZO OU TRONO, sinon como PEIDO SUAVECITO, AQUI ESTAN OS INTERES DE MAREA COA GALIZA, E TRISTE PENSAR NA REFORMA NO QUE FAN, O TRABALLO QUE LEVA A MAREA, TRABALLAN MOITO POLA GALIZA, PERO TODO TEN UN PREZO, TEÑEN QUE VIVIRES BEN, SOBRE TODO O PODREIROS OS AMIGOS DO -VIEIRAS NON RESULTARON SER BARATOS PRECISAMENTE, OS EMONUMENTOS SON RUIDOSOS OS FOGUETES DA FEIRA TEÑEN QUE SER SILENCIOSOS