O soviet ceibe de Sigüeiro

O equipo Unión Soviética de futsal, un proxecto político-deportivo-humorístico que dende Sigüeiro reivindica a independencia de Galicia e que triunfa alén das fronteiras: as súas camisolas da CCCP arrasan.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/01/2018 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Requisito: ser nacionalista de esquerdas… e de Sigu. Obxectivo: a independencia de Galicia. Método: Unión Soviética de futsal. Un proxecto político-deportivo-humorístico, con base en Sigüeiro, que colle sona e triunfa alén das fronteiras. E que celebra cada vitoria cun #selfiesocialista e cun “Sigüeiro é soviético”.

Alberto Núñez Feijóo, coa camisola e membros do Unión Soviética en Sigüeiro.
Alberto Núñez Feijóo, coa camisola e membros do Unión Soviética en Sigüeiro. | Fonte: @UnionSovieticaFutsal

O pasado 18 de decembro, reporteiros da axencia de noticias berlinesa Ruptly viaxaron ata Compostela para gravar un partido seu no pavillón do Restollal. E o último día do 2017, o magazine do portugués Diario de Noticias publicou unha reportaxe ‘Há uma URSS nos campos de futebol da Galiza’, oito páxinas a toda cor, sobre este equipo de futsal que naceu no 2015 e que compite na Segunda División da Agrupación de Veteranos de Compostela.

“Há um cansaço cada vez maior dos partidos de sempre e, nos últimos anos, o panorama político reflete esse cansaço. O que antes parecia impossível é agora real”, aseguraban nesas páxinas Peri, Pita, Eloi, Nes, Juncal, Niko, Xesús, Blanco, Garea, Marto e Valerón, os once nostálxicos da Unión Soviética radicados en Sigüeiro. E engadían: “Nós acreditamos que está na hora de a Galiza seguir o seu caminho sozinha, valorizando o que este sistema [capitalismo] tentou destruir”.

“O máis sorprendente é que seguen o equipo, sendo a páxina en galego, dende todo o mundo. De case toda Sudamérica, dende Cuba, dende Serbia... O outro día escribíronnos doce tipos de Porto que queren vir ver un partido e quedar ao terceiro tempo”, aseguran a GC. Teñen xa 3.000 seguidores no Facebook, que celebran cada vitoria do equipo cara ao ascenso a Primeira División.

Como non podía ser doutro xeito, Unión Soviética viste coa equipación da selección soviética xa desaparecida, coas míticas siglas CCCP no peito, unhas camisolas que serigrafiaron en Decathlon. Para conmemorar o 100 aniversario da Revolución de 1917, fixeron outras, brancas coas letras vermellas, co logotipo da revolución bolchevique, que arrasan. Vendense na tenda oficial, a compostelá Pijus Magnifikus, homenaxe A Vida de Brian dos Monty Python. Máis ben vendíanse, pois as 150 primeiras que se fixeron están esgotadas. E hai reservas agardando. Este luns, a camisola apareceu no programa Fiebre Maldini en Movistar+. Agora, o club explora xa novas vías de mercadotecnia para quitarlle rendemento ao crecente éxito nas redes sociais.

'Sigüeiro é Soviético', berro do equipo de Sigüeiro.
'Sigüeiro é Soviético', berro do equipo de Sigüeiro.

Os textos que publican no seu facebook recollen o seu ideario anticapitalista: cada partido é unha loita para “transformar Sigu na 16ª república socialista soviética”, o árbitro é un “inimigo do socialismo” e as vitorias son “contra o capitalismo”, pois a maioría dos outros equipos do campionato teñen patrocinadores.

“O derbi é noso, camaradas. A Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas comezou da mellor das maneiras o 2018 e Sigüeiro durmirá sendo socialista. Partido intenso, igualado, no que os netos de Lenin lograron impoñer a súa idea de xogo”, escribiron tras vencer 4-1 no derbi a Sigüeiro Futsal a pasada fin de semana, apoiados polos seareiros vermellos armados con banderas soviéticas. Unión Soviética, "o equipo do proletariado", vai segundo no torneo Apertura e loitarán nos vindeiros play-offs polo ascenso á Primeira División, onde disputarían o derbi independentista co Estrela Vermelha.

“É un proxecto político-deportivo-humorístico. Xuntámonos para dar unhas patadas ao balón e botar unhas risas”, aseguran. E de paso reivindican a independencia de Galicia. “Somos de esquerdas e independentistas, pero non militamos en ningún partido”, aclaran. Cando ascendan, pedirán audiencia ante o alcalde, ao berro de “Sigüeiro é Soviético”.

O equipo Union Sovietica de futsal, que participa na Liga de Compostela.
O equipo Union Sovietica de futsal, que participa na Liga de Compostela. | Fonte: @UnionSovieticaFutsal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

7 Yoli

Agora só queda que outros sopla:gaitas fagan un equipiño na memoria do xeno:cida Pol Pot e outro do asa:sino Che Guevara

1 comunista independentista

Mellor facede un do trío imperialista das Azores: Bush, Blair e o teu adorado Aznar. As crianzas iraquís estaránvos moi agradecidas.

6 anonimo

Mi non comprender " Despois de que xa morrera logo". A verdade non sei quere decir eso. Stalin foi un carniceiro, e reivincalo é de parvos.

5 anonimo

Stalin mola cantidade. 15 millóns de motos nas purgas dos 60. Superguai. ! Compre reivindicalo!

1 Revisa as datas

Despois de que xa morrera logo. Si que estás ben ti

2 comunista independentista

Stalin matando xente nos 60! XDDDD Pero qué ignorantes son os cans do capitalismo... XDDD Así nos vai.

4 Stalinciño

Fascistas agarrádevos desta 8========D Slava URSS!

3 anonimo

Galicia soiña o ía ter moi crudo para pagar as pensións, ultradeficitarias en Galicia. E a URSS foise o tacho , non morreu precisamente de éxito. Eso non o arranxa a grafía portuguesa, por desgracia !