Nace a Assembleia Nacional Galega para impulsar a “construción nacional” de Galicia

Quere converterse no gran “movimento cívico galeguista” e aposta por impulsar a “consciência e o orgulho nacional do povo galego” e por “normalizar a nossa língua e reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/01/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A desmotivación, o cansanzo e a situación de parte da sociedade galega perante unha “política galega em permanente confronto, sectária, carente de uma cultura da cooperação e sem projeto para o futuro da Galiza”, está detrás do nacemento da Assembleia Nacional Galega (ANG), unha entidade, en obxectivos, moi semellante aos impulsados polas Irmandades da Fala hai máis de cen anos.

Bandeira da ANG
Bandeira da ANG

De feito, a ANG quere ser un gran “movimento cívico galeguista” de carácter democrático, asembleario e pacifista. Por iso, fai un chamamento a todos os galegos e galegas “defensores da Galiza, da sua língua -nacional e internacional-, cultura e economia” para a “construción nacional galega”.

“É um movimento cívico totalmente independente de qualquer partido, frente política ou sindicato dos existentes. Como tal movimento cívico, não seria nem partido nem frente política. Não concorreria a processos eleitorais nem aspiraria a governar qualquer tipo de instituição”, apuntan os impulsores deste movemento nun comunicado.

TRADICIÓN DAS IRMANDADES

Así, apunta que, aínda que os seus integrantes poidan ser membros de formacións políticas, os seus coordinadores locais ou nacionais nunca poderían selo. A ANG está inspirada no movimento das Irmandades da Fala e entre os seus obxectivos estarían os de “aglutinar os e as galeguistas até agora esparsos e estabelecer um novo tipo de relações interpessoais”.

Tamén en normalizar o galego e “reintegrá-la no contexto internacional da Galaicofonia ou Lusofonia”, ademais de popularizar e desenvolver a cultura galega, defender o medio ambiente, divulgar a historia galega, elaborar estudos acerca da sociedade galega contemporánea ou apoiar unha economía galega sustentável e que potencie aos emprendedores.

"REGALEGUIZACIÓN" DE GALICIA

A ANG tamén quere “regaleguizar integralmente a sociedade da Galiza e incrementar a consciência e o orgulho nacional do povo galego”,  realizar atividades de defensa da língua e cultura na Galicia estremeira e establecer unha “relação fluida e permanente de colaboração com os povos e os países da Lusofonia e com os das nações sem Estado da Península”. Esta nova entidade será presentada o vindeiro 21 de xaneiro en Compostela e realizará un gran evento o vindeiro 27 no Centro Social de Vite. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

4 Valdeorras Nazón

Outro chiringuito. Esta vez lusista. Catro jatos nun taxi.

1 Arturo Novo

Os "chiringuitos" dos que você fala são para beneficiar-se. De momento, nós não fissemos mais que trabalhar, gastamos e sem ganhar um céntimo. E sim, pretendemos chegar a toda a mal chamada lusofonia. Tem você algo em contra da galaicofonia?

3 Xurxo

Ben por eles, pero non lles vexo futuro mási que para reunirse entre eles, sen máis relevancia social.

1 Arturo Novo

É muito certo, o futuro não vai depender de nós sós. Vai depender do compromisso de todos @s galeg@s. Nós pretendemos oferecer algo distinto, livre, independente, autêntico. Não somos relevantes, mais queremos sê-lo. Não nós, senão a sociedade galega. Por favor, leiam os Estatutos e o Código Ético.

2 unmais

Pois benvinda a iniciativa se segue os objetivos que diz. Espero que nom seja un "chiringuito" mais de ultraesquerdistas que antepon aos intereses do país a solidariedade con governos tiránicos do terceiro mundo e que as veces nos fan pensar a moitos galeguistas que estamos melhor com Espanha que convertidos numa especie de Corea do Norte. Galiza precisa una organizaçom que de verdade procure a unión dos galegos na defessa do país e do seu tecido productivo e a sua cultura, e que inclua a obreiros e empresarios, labregos e marinheiros, esquerdas e dereitas, autonomistas,federalistas e independentistas, é a única maneira que este projecto chegue a ilusionar a poida ser maioritario algún dia

1 Lois Breixo Gonçalves

Acho imprescindíbel eligir Lìdia Senra ministra de Sanidade da ANG

1 Equidistando

Aceredito que e unha boa idea e de paso que nonmeen a Boadella consul honorario de Galiza en Tabarnia. Outro ideo minifundista mais... En fin, eles son felices no seu universo paralelo. A ver se nos decatamos da realiddade:precisamos a union do nacionalismo e de apostar os podemitas en verdade por un partido republicano, federal e progresista establecer unha alianza con eles. Alianza non confluencia

2 Lois Breixo Gonçalves

Os podemitas son monárquicos, o seu rei é Pablo Eirexas e os ministros do reino son os seus santos collois

3 Finezza

Seguide cos chistes mentres a precariedade aumenta e medra a desigualdade.