Caso dos helicópteros, "exercicio de surrealismo xudicial"

A CIG tacha de "despropósito" que o xuíz arquive a causa dos helicópteros de loita contra o lume malia "recoñecer que a Xunta cometeu unha ilegalidade" e pídelle á Fiscalía, onde presentou a denuncia no 2012, que recorra a decisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/01/2018 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Un “despropósito sen sentido” que o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago, acorde o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta pola adxudicación do servizo de helicópteros de loita contra o lume por parte da Xunta en 2012. Nun comunicado, a CIG critica que nun "exercicio de surrealismo xudicial" o xuíz ordena ese arquivo "malia recoñecer no auto que a Xunta cometeu unha ilegalidade na citada contratación". Así, censura que con este arquivo, "que deixa quedar moi mal parada a unha institución como a Xustiza, está a ampararse unha fraude e un engano á cidadanía galega".

Fernández-Couto
Fernández-Couto

De tal forma, o sindicato nacionalista amosa o seu "total rexeitamento" a esta decisión, á vez que solicita á Fiscalía que recorra o arquivo da causa e que "se diriman todas as responsabilidades tanto penais como políticas en forma de cesamento ou dimisión dos responsables desta ilegalidade e, en última instancia, do propio presidente Feijóo".

Esta decisión xudicial supón o arquivo das actuacións contra o responsable forestal da Xunta, Tomás Fernández Couto, xa que o xuíz observa "unha decisión ponderada e adecuada" a que tomou en 2012 para adxudicar á empresa Inaer o servizo de helicópteros.

PREVARICACIÓN NA SUBCONTRATACIÓN DAS BRIGADAS

A CIG lembra que en 2012 denunciou ante Fiscalía a "adxudicación a dedo" da contratación do servizo de helicópteros e brigadas ás empresas Inaer e Natutecnia. A este respecto, indica que o xuíz basea a súa argumentación para xustificar a adxudicación a Inaer “na excepcionalidade do momento".

Con todo, lamenta que se obvia que por primeira vez o contrato contemplaba o servizo integrado de helicópteros e brigadas, aspecto este "crucial" porque supuxo a " subcontratación" das brigadas por Natutecnia. Unha cuestión esta última que "non ten cabida na argumentación do xuíz, polo que si se podería estar a falar dunha suposta prevaricación".

"A irregularidade que xustifica o xuíz é froito tamén da improvisación e da incompetencia dun Goberno galego que fai gala da súa suposta boa xestión do público, cando en realidade é o contrario", recrimina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 ai claro

Claro, claro, en vez de saír a pedir perdón por difamar, calumniar e mentir sae criticando á xustiza.... En fin, cala anda cala, e pasa po cocho... Vergoña debería darlle saír sempre criticando cando non vai polo rego que queren eles... Menuda panda.

1 polo pan baila o can

Cala, lacaio