Galicia terá dúas eurodeputadas nacionalistas por primeira vez no Parlamento Europeo

Ana Miranda incorporarase ao seu escano en Bruxelas o 28 de febreiro tras o pacto acadado na coalición Os Pobos Deciden. Únese a Lidia Senra, que acadou escano dentro da coalición galega AGE-Europa.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 21/01/2018 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Ana Miranda sumarase a Lidia Senra no Parlamento Galego. Será a primeira vez que o Parlamento europeo teña dúas eurodeputadas nacionalistas galegas. Miranda tomará posesión do seu escano como eurodeputada o vindeiro 28 de febreiro e ata fin de lexislatura en maio de 2019, collendo o revelo de Josu Juaristi dentro da coalición Os Pobos Deciden, coa que o BNG concurriu aos pasados comicios a Eurocámara con Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).

Ana Miranda Intervén Na UE
Ana Miranda Intervén Na UE

Será pouco máis dun ano de actividade parlamentaria na que coincidirá con Lidia Senra, militante nacionalista elixida nunha coalición galega de partidos, AGE-Europa, e que leva en Bruxelas desde o 2014.

Como eurodeputada, Ana Miranda ocupara os seu escano dentro do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea/ALE, tendo en conta que o Bloque forma parte desde 2004 deste espazo e dando continuidade a traxectoria de traballo que o BNG leva desenvolvendo dentro deste Grupo parlamentario da Eurocámara.

Pola súa banda, Lidia Senra forma parte da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica no que están integrados Anova, IU, Podemos e Bildu, que decidu incluírse neste grupo e non no de ALE. Desde hai un ano, Senra está como eurodeputada nacionalista --forma parte de Anova-- non adscrita ao decidir marchar de AGE-Europa polas presións exercidas por Izquierda Unida. Desde que está na Eurocámara, Senra impulsou iniciativas a prol da pesca, da agricultura, dos sectores estratéxicos de Galicia, do benestar social, do patrimonio ou en contra da eucaliptización de Galicia.

Miranda

Ana Miranda volve á Eurocámara logo de anos de ausencia. Alí tiña desenvolvido un intenso traballo político, sobre todo, en asuntos relacionados coa pesca ou o agro. Tamén levou a Bruxelas o sinistro do Alvia e iniciativas en relación a vaga de lumes ou denunciando, o espolio do patrimonio do pobo galego por parte dos herdeiros do franquismo, ou a exclusión de Galicia de infraestruturas básicas como o corredor atlántico de mercadorías, entre outros asuntos.

Lidia Senra
Lidia Senra

Segundo apunta o BNG nun comunicado, a toma oficial do escano "permitirá reforzar a capacidade de actuación política do Bloque para sacar adiante as cuestións que afectan ao país, en particular as vinculadas aos sectores produtivos estratéxicos como pesca ou agricultura, medioambiente, o saneamento integral das rías ou a ampliación da Rede natura en Galiza".

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 anonimo

Esquecemos selectivamente que a eurodiputada transfugada usa a institución para facer propaganda das teses magufas e pseudocientíficas daquel estudo falso do moribundo que para ir en paz recoñeceu que era falso, sobre a vacinación (causante xunto coa disponibilidade de alimentos das taxas de mortandade infantil que desfrutamos hoxe e que no ten parangón biolóxico no planeta) Persoalmente, penso que usar o parlamento para esparexer feces propagandísticas é causa bastante para esixir que se abandone. E, no caso de que crea o que dí (o seu aspecto externo, envellecido e descoidado é moi elocuente), de que busque axuda entre quen coidan da saúde mental.