A vítima do asalto do 'Chicle' en Boiro pide protección ante o acoso dos medios

A muller, que reclama que se respecte a súa decisión de permanecer no anonimato, chamou ao xulgado de Ribeira denunciando a presenza ás portas da súa casa dos medios de comunicación, que lle impiden saír.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 23/01/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A muller que o Chicle supostamente tentou secuestrar en Boiro o pasado 25 de decembro e que provocou a súa detención esa mesma semana, chamou ao xulgado de Ribeira para pedir protección fronte ao acoso dos medios de comunicación, apostados diante do seu domicilio.

O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle'
O autor confeso da morte de Diana Quer José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle'

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a muller de 28 anos púxose en contacto este martes pola mañá, “en un evidente estado de nerviosismo”, para denunciar que se sentía acosada polos medios de comunicación, que lle impiden saír do seu domicilio, xa que fan garda continúa na súa porta.

O xulgado de instrucción número 2 de Ribeira, que leva o caso da morte de Diana Quer e recibiu a chamada da muller, lembra que a vítima da tentativa de secuestro por parte de José Enrique Abuín Gey no día de Nadal en Boiro nunca fixo declaracións e sempre reclamou que se respectase a súa decisión de permanecer no anonimato. Segundo a súa denuncia no xulgado ribeirense, a presión dos medios fai que se sinta “aínda peor”.

A muller foi asaltada polo Chicle en Boiro o pasado día 25, pero a súa resistencia e a intervención de dous mozos impediron que o suposto autor da morte de Diana Quer puidese levar a cabo as súas intencións. A identificación da fotografía de José Enrique Abuín Gey como autor da tentativa de secuestro foi decisiva na posterior detención do Chicle. A muller tamén foi quen de reter varios números da matrícula e o modelo do coche (Alfa Romeo gris) que conducía o Chicle cando a asaltou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antiburras

A prensa da carroña