Unha lucense denuncia que tivo que pagar 3.000 euros aos seus inquilinos para poder recuperar un piso

Advirte que sentiu "totalmente abandonada" polas administracións

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2018 | Actualizada ás 16:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A sindicalista de CIG Carmen Aira denunciou que tivo que abonar 3.000 euros aos inquilinos aos que alugara unha vivenda en Lugo para poder recuperala.

Segundo relata, todo comezou a finais de outubro, cando unha muller de nacionalidade romanesa contactou coa lucense para arrendar o piso, no barrio da Cheda da capital lucense.

A propietaria asegura que en decembro, cando xa levaban dous meses vivindo no domicilio, non lle pagaron as cotas correspondentes, polo que empezou a sospeitar. A isto engade que "fixeron un consumo esaxerado de calefacción, de máis de 400 euros mensuais".

"Tiñan as xanelas abertas de pao a pao", remarcou, antes de incidir en que imaxina que irían "descalzos e en camiseta de tirantes polo piso", algo que atribúe a unha estratexia de chantaxe "para que lles pagase por que se fosen e non seguisen facendo ese tipo de gasto".

Aira calcula que esta estafa lle ocasionou sobre "7.000 euros de perdas", entre falta de pagamentos, recibos, custos de avogados, notarios e demais cuestións.

A afectada recalca que "fai pública a súa historia co fin de que os veciños de Lugo estean avisados", porque coñece "algún caso máis, no que o propietario tivo que abonar un importe, polo que se sospeita que poida tratarse dos mesmos individuos".

"Parece que estas cousas non van pasar en Lugo, porque non estamos afeitos a isto, pero hai máis casos pero hai que darse conta de que na cidade xa entraron os problemas doutras grandes urbes", manifestou.

VARIAS FAMILIAS

Nun primeiro momento, Carmen Aira arrendara o piso, co contrato e fianza correspondentes a unha muller, pero esgrimiu que, despois, chegaron a vivir nel varias familias con nenos.

"Se decidín alugarlle o piso foi porque seguindo a miña ideoloxía e o traballo sindical que desenvolvemento, non debería participar en condutas prejuiciosas e xenófobas, polo que en base a iso decidín darlles a oportunidade, pero perdín eu as miñas", explica.

Con todo, a sindicalista concretou que, aínda que o piso quedou en bastantes boas condicións, está deteriorado, con danos "inexplicables" como surcos na mesa de mármore da cociña e no chan da vivenda, polo que sospeita que os menores andaban cos patinetes pola casa.

"TOTALMENTE ABANDONADA"

Neste momento, ten inquilinos na vivenda para evitar que se sucedan máis problemas deste tipo e que a casa poida ser ocupada ilegalmente.

En todo o proceso, a lucense manifestou sentirse "totalmente abandonada" por parte das administracións.

E é que, segundo lembra a sindicalista, a propia inquilina que a "estafou" advertiulle que lograr que abandonasen o piso podería "supor seis meses". "Que a razón de 700 euros ao mes de gasto sumado ao que o propietario deixa de ingresar por alugar é moito diñeiro", lamentou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta