As “excursións con callos” do PP para falar de violencia de xénero chegan ao Parlamento

Anuncios en papel oficial da Xunta promovían unha “excursión” con “breve charla sobre violencia de xénero, xantar con callos e terneira asada, e visita a un centro comercial”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/01/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, presentará unha iniciativa no Parlamento Galego para que se aclare cal é a implicación da Xunta de Galicia na promoción do acto da Federación Veciñal Lucense que tivo lugar no edificio administrativa da Xunta en Lugo o pasado 20 de xaneiro e no que participaron altos cargos do goberno galego. Unha iniciativa que, supostamente era para combater a violencia machista pero que acaba en cocido e visita a un centro comercial.

Cartel do Día contra a Violencia Machista da Xunta que tmén tamén foi moi polémico
Cartel do Día contra a Violencia Machista da Xunta que tmén tamén foi moi polémico

“Desde o BNG pediremos ao Goberno galego no Parlamento que explique como poden rematar fondos públicos e campañas institucionais destinadas a previr e combater a violencia machista convertidas en anuncios publicitarios para visitar centros comerciais e xantar callos” dixo Rodil. “No BNG queremos saber cantos cartos se destinaron a financiar esta actividade, que parte do 'pack' corre a conta do Goberno e se a Xunta obriga a veciñanza das localidades e comarcas a se desprazar até a cidade de Lugo para visionar un filme sobre violencia machista en vez de aproximar os materiais e as campañas que promove á poboación”, engadiu.

Así mesmo, o BNG preguntará pola opinión que lle merece á Xunta que as súas políticas rematen promovendo excursións e se este é o obxectivo da campaña de prevención da violencia machista no ámbito veciñal “que anuncian a bombo e prato”. Desde o BNG lembran que a violencia machista é un dos maiores problemas políticos de día de hoxe. "Non se pode trivializar a violencia machista nin promover excursións veciñais para visitar centros comerciais con ela", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta